Escoitar

Caballero di que o pádel "está en auxe e faise necesario seguir facendo pistas pola súa demanda"

O alcalde de Vigo presentou esta mañá o II Torneo Concello de Vigo de padel que regresa o calendario deportivo da cidade tras dous anos de ausencia. <br /> Disputado no outono de 2012, agora retómao unha nova entidade, o Club de Pádel Barreiro.<br />

luns, 8 set 2014
1410180206padel.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou o evento acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e polo presidente da nova
entidade deportiva, Antonio Amaro, así como o director técnico de Máis que Auga, Francisco Cortegoso.

Caballero asegurou que esta modalidade, que comezou en sociedades
recreativas da cidade nos anos 90 de forma tímida, "está en auxe" e de
feito a apertura de novas instalacións confírmao. "O pádel empeza a ocupar
cada vez máis espazo no deporte, con tanta xente que xa o ten como elemento
central da súa acción deportiva", explicou. Por iso cre que "é preciso
seguir construíndo instalacións, porque a demanda vai seguir crecendo".

O torneo conta con dez categorías (catro masculinas, tres femininas e
outras tantas mixtas), mesmo número que dous anos atrás pero dando entrada
aos federados, que coparán a que era primeira categoría; os non federados
xogarán en 2ª, 3ª e 4ª en homes e 2ª e 3ª nos cadros feminino e mixto.

O trofeo disputarase cun respaldo privado inusual: ata dezaséis empresas
aportan o seu grao de area, e co apoio do propio Concello de Vigo.
Amaro celebrou que volva este torneo "nasmellores pistas de Vigo" e Cortegoso sostivo que "o pádel é moi social, o que encaixa na filosofía dos centros deportivos municipais de auga, onde queremos ser máis que unha instalación deportiva", sostivo Cortegoso.

O custo de inscrición ao evento será de 30 euros por parella (15€ por
persoa), idéntico ao do resto de campionatos que estiveron a disputarse
durante todo o verán por Vigo e na provincia, cun mínimo de dous partidos a
disputar ao haber cadro polo título e tamén de consolación.
Pode realizarsena web de MQA ou directamente nos centros de Barreiro e Florida.
A falta detres días para a pechadura do prazo -conclúe o día 10-, a organización
detecta un crecemento exponencial por disputar esta competición nun
escenario con dúas pistas de muro cubertas, catro de cristal semicubiertas
e catro de muro ao aire libre. O Concello de Vigo traballa para que as de cristal
estean totalmente cubertas.

Descargar todas as imaxes