xoves, 2 set 2010
O alcalde visitou este xoves os traballos de construción do Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, onde ratificáronse os prazos iniciais de finalización de obra, marcados para finais de ano. Caballero indicou que o edificio "está espertando unha gran atención" e conta cunha "demanda moi importante de congresos". "No mes de xaneiro empezaremos a gozar deste edificio", concluíu o socialista.
xoves, 2 set 2010
Abel Caballero explicou este xoves que trasladou a pasada semana ao Goberno de España "todas as garantías" de que Vigo conta no Porto Seco de terreos para a instalación dunha factoría de Mitsubishi de baterías eléctricas para automóbiles. O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, viaxou a Xapón para tratar de confirmar esta ubicación, o que Caballero recoñeceu por "fixar a súa atención en Vigo e facer de embaixador" da cidade.
xoves, 2 set 2010
O espectáculo estréase en Madrid do 15 de setembro onde permanecerá ata xaneiro de 2011 no teatro Calderón para recalar despóis en Vigo. Abel Caballero recibiu a Teo Cardalda e María Monsonis para presentalo aos medios e agradeceulles que ocupen a escena dos musicais en toda España "coa sombra de Vigo detrás"
luns, 30 ago 2010
O director da formación musical mantivo este luns unha entrevista con Abel Caballero na Alcaldía a quen cursou unha invitación para participar na programación da Coral con motivo do 25 aniversario da súa fundación. O alcalde confirmou a súa presenza e animou a todos os movementos culturais da cidade a "que conten con nós" para as súas actividades.
luns, 30 ago 2010
Abel Caballero explicou este luns que a Xunta de Goberno Local deu luz verde aos proxectos de humanización da rúa Asturias, Aragón, Ramón Nieto, Martínez Garrido e Pino -nas súas primeiras fases-, e tamén da rúa Balbarda, na zona de Toural de Teis. "Iniciamos unha nova fase de grandes humanizacións na cidade de Vigo", aseverou o alcalde.
luns, 30 ago 2010
O alcalde visitou este luns os traballos de humanización de Tomás Alonso, entre a curva de San Gregorio e a Praza da Industria, 1,2 millóns de euros que dan continuidade á primeira fase xa rematada entre Peniche e a devandita Praza. Abel Caballero salientou o "magnífico equilibrio" acadado cos veciños para poder anchear as beirarrúas, manter a dobre dirección e conservar un importante número de aparcamentos na zona.
venres, 27 ago 2010
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe venres o proxecto de compensación da unidade de actuación urbanística Tomás Paredes A-3-37 polo que prolongarase a rúa Marín, se edificarán en torno a 120 vivendas e xeneraránse 2.000 metros cadrados de zonas verdes
venres, 27 ago 2010
Abel Caballero insistiu en que a policía local está a levantar os atestados e realizando as indagacións oportunas para esclarecer as causas do accidente no que un xoven motorista perdeu onte a vida. Sí adiantou Caballero a que todo apunta á implicación dun tercer vehículo que a policía trata de localizar para contribuir a aclarar as causas
venres, 27 ago 2010
O alcalde lembrou que o Ministerio de Fomento ratificou que Vigo contará "cunha gran estación ferroviaria" así como que non haberá "recortes, retrasos ou dilacións" nas grandes infraestruturas. Abel Caballero aludiu a proxectos como o da nova estación ferroviaria, o Ave Vigo-Ourense por Cerdedo ou a Autovía Vigo-Pontevedra libre de peaxe para amosar o compromiso do ministerio que dirixe o socialista José Blanco coa cidade olívica.
venres, 27 ago 2010
Abel Caballero afirmou que con estas actuacións inicia un plan nas instalacións deportivas de Castrelos para recuperar a calidade deportiva neste espazo. As pistas actuais, tal e como indicou o alcalde, atópanse nun estado "moi deficiente" e a inversión realizarase con cargo ao Plan FEISL