Abel Caballero anuncia a construcción de tres novos aparcamentos en Bouzas, que sumarán 650 prazas

luns, 12 abr 2010

O alcalde de Vigo asegurou este luns que os proxectos para construir tres novos estacionamentos en Bouzas atópanse "moi avanzados". Un deles estará ubicado baixo a Alameda, xunto á rotonda das anclas, e contará con 350 prazas; o segundo, no entorno do Mercado, terá 120 estacionamentos; e o terceiro, próximo á Alameda Suárez Llanos disporá doutros 180 espazos para vehículos. A prioridade do Concello pasa por dar servizo a residentes e rotatorios.

O alcalde anuncia a mellora do paseo de Samil e novos espazos deportivos no solar que ocupa As Dornas

xoves, 8 abr 2010

Abel Caballero estimou que dentro dun mes iniciarase o derrubo de As Dornas, de concesión caducada, onde habilitaranse novas instalacións deportivas, posiblemente de baloncesto. O alcalde anunciou melloras no paseo para o verán e avanzou que está a estudar a posibilidade de instalar xunto ao Verbum o aparcamento provisional de case 500 prazas que está actualmente no aeroporto vigués. O goberno local tamén valora a redefinición dos aparcamentos actuais para gañar prazas en Samil.

O alcalde asegurou que o parque infantil de Independencia verá triplicado o seu tamaño

mércores, 31 mar 2010

Abel Caballero visitou este mércores o parque infantil da Praza da Independencia, que xa viu duplicado o seu tamaño pasando dos 80 metros cadrados iniciais aos case 160 actuais. O rexedor anunciou que o parque experimentará unha nova ampliación que lle permitirá triplicar a súa superficie. Caballero recordou que en 2009 ampliáronse e construíronse 50 parques infantís e, en 2010, Vigo sumará 30 novos e ampliará 25.

Caballero comunicoulle aos traballadores a solicitude dunha reunión co SERGAS e a Cruz Vermella para evitar o peche do hospital de Vigo

mércores, 31 mar 2010

Tras unha concentración á porta do Concello, o alcalde conversou cos traballadores e comunicoulles que solicitará unha reunión a tres bandas entre o Concello, o SERGAS e a Cruz Vermella -solicitada polo persoal- para evitar o peche do hospital de Cánovas del Castillo. Abel Caballero demandou que "permaneza aberto" pois é "necesario em termos sanitarios e laborais".

O alcalde anuncia a adxudicación de direccións de obras de humanización en Vigo por valor de 9,2 millóns de euros

mércores, 31 mar 2010

Segundo informou este mércores Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local validou a adxudicación provisional de direccións de obras de humanización en cinco rúas da cidade por valor total de 9,2 millóns de euros, con cargo ao Plan E do Goberno de España para 2010. O alcalde anunciou asemade que a próxima semana terá lugar a aprobación definitiva dos orzamentos municipais, que inclúen 25 millóns de euros máis de investimentos.

O alcalde inaugurou a humanización da rúa Cristo, que empregou a 21 persoas cun investimento de 800.000 euros

martes, 30 mar 2010

Abel Caballero encabezou este martes a delegación municipal na apertura da humanizada rúa Cristo, no Calvario, "unha rúa que formaba parte da marxinalidade de Vigo ata o de agora". A veciñanza levaba "40 anos" agardando por unha mellora destas características, que contempla a renovación das redes soterradas, arborado, novos puntos de luz e xardineiras colgantes.

Vigo súmase á Hora do Planeta

venres, 26 mar 2010

O sábado 27 de marzo Vigo sumaráse a Hora do Planeta entre as 20:30 e as 21:30 horas como xa o fixo en anos precedentes. O acto, promovido por wwf Adena, pretende facer unha chamada de atención sobre a necesidade de aforro de emisións de CO2 e da loita contra o cambio climático e o quentamento global.

Gaspar Zarrías confirma que Vigo ten validados todos os proxectos presentados ao FEESL

venres, 26 mar 2010

O secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, confirmou hoxe na cidade que Vigo ten validadaos todos os proxectos presentados polo Concello ao Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local (FEESL). Zarrías asegurou que "Vigo cumpriu cos requisitos da nova tipología" do fondo; tipoloxía que o Goberno quere que xire cara a sostenibilidade desde o punto de vista económico, social e ambiental, na liña dos parámetros do texto da Lei de Economía Sostible aprobada recentemente polo Consello de Ministros. Segundo explicou o Secretario de Estado os concellos teñen un papel fundamental no desenvolvemento desta lei.

O alcalde solicita a Feijóo unha entrevista para "transformar" o novo hospital nun "proxecto público"

venres, 26 mar 2010

Abel Caballero anunciou este venres o envio dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que lle solicita unha reunión para "inmediatamente" abrir o diálogo de cara a "transformar o proxecto privado dun hospital <de Vigo> en proxecto público dun hospital". Esta solicitude está respalda por "case 50.000 persoas" que onte xoves manifestáronse na cidade olívica "en defensa da sanidade pública", concluíu.