venres, 30 set 2016
O Concello quere amosar o seu cariño e homenaxe ás persoas que sofren esta doenza e ás súas familias iluminando de azul as fontes da rúa Aragón e sumándose á campaña coa que se conmemora mañá sábado día 1 de outubro o Día Mundial da Artrite. <br />
xoves, 29 set 2016
Este programa de axudas enmárcase no Plan de Emprego Municipal ao que o goberno de Vigo dedica "máis de 4 millóns de euros" para crear postos de traballo. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a dotación de mobiliario da UNED e a humanización da rúa Bueu cun presuposto superior aos 800.000 euros.
luns, 26 set 2016
Abel Caballero recibiu este luns na Alcaldía a Gonzalo Díaz del Río Fery, unha reunión "protocolaria", segundo explicou o rexedor vigués, na que o máximo responsable do goberno da cidade trasladou a cooperación viguesa co comandante naval -"que ademais é vigués"- e coa Armada.
venres, 23 set 2016
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá de dúas novas iniciativas de fomento do emprego. Por unha banda, referiuse á resolución da convocatoria de subvencións para espazos coworking, dotada con 30.000 euros, e, en segundo lugar, aludiu á aprobación dun convenio con Citroën de 300.000 euros, que permitirá contratar 60 traballadores.
xoves, 22 set 2016
O goberno local aprobará mañá venres o convenio polo que a Deputación de Pontevedra apoiará voos no aeroporto de Vigo. Deste xeito, o organismo provincial asumirá o custo do concurso público que cubre nestes momentos as conexións con Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca.
luns, 19 set 2016
Un grupo de once estudantes vigueses do Máster en Avogacía da Universidade de Vigo inician este luns un período de case un mes de aprendizaxe en diferentes departamentos municipais nos que poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a súa formación. Abel Caballero deulles a benvida ao Concello e desexoulles que sexa unha etapa proveitosa na súa traxectoria profesional. Amais, adiantou que todo o alumnado do máster realizará prácticas no consistorio, en diferentes grupos.
mércores, 14 set 2016
"O primeiro valedor da ampliación do IFEVI para Conxemar é o alcalde de Vigo; por tanto, todos aqueles que estean na ampliación e o fagan con seriedade saben que contan cun aliado imprescindible, que é o alcalde e o Concello de Vigo", aseverou Abel Caballero tras reunirse coa dirección de Conxemar este mércores.
martes, 13 set 2016
Abel Caballero amosou este martes a súa "satisfacción" porque a sesión plenaria da Zona Franca da tarde de onte aprobara por unanimidade tres mocións presentadas polo alcalde: a ampliación do PTL, a ampliación do polígono industrial de Balaídos-Citroën e "o primeiro paso para a rehabilitación e recuperación da Panificadora".
luns, 12 set 2016
O alcalde de Vigo elevou esta mañá "a súa voz no nome de toda a área de Vigo" reclamando máis seguridade no transporte ferroviario. Así o fixo logo de manter un encontro con responsables de sindicatos ferroviarios e de visitar aos bombeiros que participaron no rescate do sinistro ocurrido o pasado venres en O Porriño.
venres, 9 set 2016
O Concello de Vigo decreta tres días de loito oficial en sinal de dor polas vítimas do accidente ferroviario acontecido este venres no Porriño e como mostra de respecto ás familias e aos feridos na traxedia. Así, durante as tres próximas xornadas, as bandeiras do Concello ondearán a media hasta.