Caballero asegura que a humanización converte a zona de Balaídos "nun dos grandes centros da cidade"

venres, 19 ago 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres que a finais deste mes de agosto estarán rematadas as obras de humanización de Balaídos, Eugenio Kraft e Manuel Castro. Acompañado de Carmela Silva, indicou que estes traballos pendentes, que ascenden a 50.000 euros, permitirán concluír o proceso de transformación da zona, que se converterá "nun dos grandes centros da cidade".

O alcalde louba o estudo do Valedor do Cidadá sobre pobreza e exclusión social

venres, 19 ago 2011

Abel Caballero destacou a "entrega e esforzo" co que Luis Espada Recarey, Valedor do Cidadán, elaborou un estudo sobre pobreza e exclusión social. O rexedor, quen acompañou este venres ao escritor na presentación do libro, agradeceulle a Espada "a súa sensibilidade e o seu traballo continuo por esta cidade". O alcalde avanzou a súa intención de actuar no ámbito social "sen recortes e, na medida do posible, incrementando" dotacións orzamentarias. Nesta liña, subliñou que os trámites de construción do albergue seguen adiante sen pausa porque é "un compromiso de primeira magnitude" do Goberno municipal.

Caballero acompaña a Rubalcaba nun encontro con axentes sociais e veciñais

xoves, 18 ago 2011

O rexedor municipal acompañou a Alfredo Pérez Rubalcaba nun encontro con axentes sociais e veciñais organizado para que recabar ideas e opinións de cara a configurar o programa electoral co que o candidato socialista espera converterse en presidente do Goberno Central. O acto, que se desenvolveu no Auditorio Pazo de Congresos, contou coa presenza, entre outros, da senadora Carmela Silva, e o secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez.

O rexedor anuncia a cesión de 1.000 prazas de aparcamento de Peinador ao Ifevi

mércores, 10 ago 2011

Abel Caballero anunciou hoxe mércores que o Ifevi "verá por fin solucionado o seu grave problema de aparcamento", xa que o aeroporto de Peinador lle cederá máis de 1.000 prazas. Esta "importante decisión para o principal recinto feiral de Galicia alcanzouse nunha reunión que mantivo o rexedor, acompañado da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, co director de Espazos e Servizos de Comunicación de AENA, Mariano Sanz Peche; a directora do Peinador, Noelia Martínez; e o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias.

Caballero amosa a súa preocupación pola redución das axudas autonómicas á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos

luns, 8 ago 2011

O rexedor garantiu hoxe luns manter ás achegas municipais que recibe a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo. Caballero, quen asumiu este compromiso durante un encontro con responsables da organización, cualificou de "preocupante" a situación da organización, logo de que as responsables da mesma lle traladaran a decisión da Xunta de rebaixar as achegas autonómicas nun 80%".

O alcalde reitera que todas as antena de telefonía instalaranse na cidade cumprindo coa legalidade

luns, 8 ago 2011

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión de traballo cos responsables de Telefónica para Galicia, a quen transmitiulles cuestións relativas ao servizo na cidade, en particular ao rural, e recordoulles que deberán seguir mantendo o "respecto á legalidade" no tocante á instalación de novas antenas de telefonía móbil. O rexedor vigués avogou por "cumprir escrupulosamente todos os requisitos das ordenanzas" municipais ao efecto.