Caballero valora a Tarxeta Social como un "instrumento conciliador dos dereitos cidadás"
O presidente da FEMP e o secretario de Estado de Seguridade Social, Octavio Granado, presentaron este xoves a Tarxeta Social Universal, un sistema de información que permite coñecer en tempo real as prestacións que recibe cada cidadán. Abel Caballero demanda máis competencias e recursos para mellorar a política social municipal.
O alcalde de Vigo sinalou que un dos piares básicos da acción municipal é a defensa dos dereitos dos máis desfavorecidos, algo que "facemos sen ter competencias e imos seguir facéndoo" e referiuse á tarxeta presentada hoxe como un "instrumento conciliador dos dereitos cidadás".
Abel Caballero apuntou que cando se aborde a reforma da Constitución e do financiamento local, os Gobernos locais pedirán que se lles recoñeza a "capacidade e as competencias" que lles deixen "facer as políticas sociais que queremos facer e que pide a cidadanía" porque, segundo argumentou, os concellos non queren "pedir permiso" ás Comunidades Autónomas para aplicar as políticas sociais municipais.
O presidente da FEMP comentou tamén que a entidade se integrou con entusiasmo na implantación da Tarxeta Social Universal pero recordou que, no momento da súa aprobación pola Conferencia de Presidentes, esixiu que "ninguén tomara decisións no noso nome". Engadiu tamén que a FEMP se integrou porque "a información é capacidade de actuación" e que as entidades locais van dar "máis viveza e fortaleza á tarxeta, ao instrumento e ás políticas sociais e queremos que apareza na tarxeta o que fan os Concellos, sen competencias nin recursos".
Pola súa parte, Octavio Granado sinalou que a TSU "vai máis alá do rexistro de prestacións públicas" e que "non é un elemento de control", senón unha ferramenta rápida e eficaz para coñecer as prestacións sociais que ofrecen as tres Administracións, pensando especialmente nas persoas máis vulnerables.
A Tarxeta Social Universal funciona dende outubro de 2018 e agora incorpóranse os gobernos locais. Pode accederse a través do portal Tarxeta Social Universal ou na web da Seguridade Social.
Descargar todas as imaxes