25 aniversario do Consello Municipal da Muller
Na zona peonil do Calvario pódese ver ata o luns 17 uns cubos expositivos que informan das actividades más importantes realizadas polo Consello Municipal da Muller nos últimos 25 anos. Esta acción forma parte das actividades que organiza o Concello con motivo do do 25 aniversario da constitución do CMM.

Esta exposición recolle un resumo das actividades como simple mostra de moitas outras que o consello ten desenvolvido. Tamén quere ser unha homenaxe a todas aquelas mulleres que nestes 25 anos de andaina traballaron a prol da defensa dos dereitos das mulleres e para conseguir un futuro libre de violencias machistas e, polo tanto, na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos nós.
Por outra banda, o venres día 14, ás 20.00 horas, terá lugar a presentación e proxección do vídeo " 25 anos de historia do CMM", no auditorio municipal da praza do Rei con entrada libre ata completar a capacidade do local
Descargar todas as imaxes