O alcalde eloxia ao sector do taxi que permitirá que os maiores vexan a iluminación da cidade
Os taxistas vigueses trasladarán o próximo xoves día 20 a máis de 180 maiores das súas residencias ata o centro da cidade para que poidan gozar do alumeado de Nadal.
Abel Caballero presentou este mércores a iniciativa dos taxistas vigueses para facer posible que os maiores que viven en residencias poidan ver a decoración navideña nas rúas do centro da cidade. "Queremos que as goce todo Vigo", xa que son "un motivo de admiración e atracción de xente" non soamente de vigueses, senón tamén de outros lugares de Galicia, España e Europa.
O vindeiro xoves 20 de decembro, entre as 18 e as 20 horas da tarde, máis de 180 persoas maiores que viven en residencias de Vigo e dos arredores serán trasladadas ao centro polos taxistas. Participarán 52 vehículos (7 eurotaxis, 5 vehículos de 7 prazas e 40 taxis) para facelo posible.
O alcalde recoñeceu o "traballo excepcional" do sector do taxi na cidade e transmitiulles a satisfacción cidadá con este servizo tan importante que "tanto vertebra e tan ben desenvolvedes na cidade," poñendo en valor esta acción que realizan nesta época do ano. Pola súa parte, Manuel Chorén, presidente de Radio Taxi, explicou que este ano dobran o número de taxistas participantes para poder traer a máis persoas a gozar da iluminación no que describiu como "un acto moi bonito ao ver aos maiores contentos".
Descargar todas as imaxes