Caballero convida "a todo Vigo" á Gala Multicor de patinaxe artística, "un deporte apaixoante"
O alcalde de Vigo, a vicepresidenta de Unicef Galicia, Gloria del Río, e unha representación do Patín Vagalume Celtamotor e do FPR El Olivo, clubs que organizan o evento, presentou a Gala Multicor, unha exhibición de patinaxe artística que se celebrará este sábado no Central das Travesas (16:30 horas).
A III Gala Multicor é un evento solidario que pretende obter fondos para Unicef. Nela haberá catorce clubs da Coruña, Ourense e Pontevedra e deles seis son de Vigo (Patín Vagalume Celtamotor, Patinaxe Artística El Olivo, Valladares, Balaídos, Coruxo e Castrelos).
"Invito a todo Vigo a que vexa a patinaxe artística, a que goce dun deporte apaixonante", subliñou o rexedor, que anunciou un prezo módico para a xornada (5 euros).
"Co prezo da entrada podemos vacinar de polio a cinco nenos e nenas", manifestou a vicepresidenta da ONG en Galicia, que agradeceu o esforzo dos clubs "para este marabilloso acto de patinaxe e solidariedade", dixo.
Sobre o parqué do Central están previstas un total de 47 actuacións e 400 patinadores nesta exhibición na que os clubs, ademais, amosarán as coreografías que levarán aos campionatos nacionais.
A patinaxe artística é unha das modalidades con máis inscricións no programa municipal de escolas deportivas. Ademais, á gala súmase a escola de danza Media Punta, para ofrecer as súas espectaculares actuacións.
Descargar todas as imaxes