Escoitar

O alcalde destaca que a restauración da Muralla do Castro permitirá integrala na cidade

Caballero acode este vindeiro xoves a Madrid para asinar co secretario de Estado de Infraestructuras o convenio para acometer as obras cun importe de 835.000 euros. Amais participará na sinatura do decreto de xubilación anticipada da Policía Local.

luns, 10 dec 2018
1544448973101218alcalde.jpg
Este xoves día 13 o Concello e o Ministerio de Fomento asinan o convenio de colaboración para a recuperación e posta en valor da muralla do CastrO. Abel Caballero e Pedro Saura, secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, rubricarán o acordo polo que o Ministerio achega 626.000 euros e o Concello 208.000 cun importe total de 835.000 euros para a remodelación da muralla do século XVII.

Segundo expuxo o rexedor, o obxectivo é abordar a restauración e consolidación do monumento en tres liñas principais: as intervencións de conservación e recuperación de elementos propios da fortaleza, a reorganización da accesibilidade ao monumento empregando a Porta Norte e a integración da fortaleza na paisaxe urbana a través da iluminación e a reestruturación da masa forestal circundante "facéndoa compatible coa integración da fortaleza na cidade", un aspecto que destacou o alcalde.

Acordos da FEMP
Abel Caballero, presidente da FEMP, adiantou que este xoves presentará en Madrid a Tarxeta Social Universal, xunto ao secretario de Estado da Seguridade Social, que será o mecanismo que permitirá as políticas sociais singularizadas para cada cidadán que o precise. En definitiva, detallou, será "o carné acreditador dos dereitos cidadás para recibir atención das políticas sociais". Amais participará na sinatura do decreto de xubilación anticipada das policías locais, "unha gran demanda de tanto tempo atrás que por fin se consegue".
Descargar todas as imaxes