O Goberno vigués transforma o Maruja Mallo nun "macroparque" infantil
O alcalde informou este venres da aprobación das obras de humanización de García Barbón -508.000 euros- e da rúa Pazos así como da contratación dun vehículo para tarefas de mantemento das vías públicas por 871.000 euros.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres ao expediente de contratación das obras do proxecto de humanización da Avenida García Barbón desde Serafín Avendaño ata Rosalía de Castro, na marxe impar, cun presuposto base de licitación de 508.000 euros e un prazo de execución de 6 meses. As obras inclúen a renovación da rede de abastecemento, unha nova rede de saneamento separativa e novo alumeado e a semaforización así como a rede de rego. Vaise manter o arborado existente e renovar o mobiliario urbano.
Abel Caballero apuntou tamén a aprobación do proxecto de ampliación e remodelación do parque infantil da Praza Maruja Mallo, que ten un orzamento de 400.000 euros, e que contempla a reestruturación do conxunto do parque para transformalo nun "macroparque" para os máis pequenos. Así, van renovarse as acometidas de abastecemento e saneamento e a iluminación e crearanse tres zonas diferenciadas por idades: unha común, outra para maiores de cinco anos e outra para menores de cinco anos con elementos de xogo adaptados a cada etapa.
Amais, quedou adxudicada a contratación das obras de humanización da rúa Pazos, entre López Mora e Menéndez Pelayo que presenta un problema de regulación de rasante e que contempla a creación dunha zona de aparcamento e melloras no mobiliario urbano, no pavimento e nos servizos.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á proposta de adxudicación, contratación do subministro de vehículos de carga e maquinaria destinado a realizar tarefas de reparación e mantemento das vías públicas cun orzamento de 871.000 euros.
Descargar todas as imaxes