Caballero manterá un encontro con Pedro Sánchez o 20 de decembro para falar de municipalismo
O alcalde de Vigo exporá ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, as principais demandas municipalistas, entre as que destaca o novo finanzamento local, a ampliación de competencias ou a flexibilización da regra de gasto. Precisamente, hoxe mesmo, Abel Caballero presidiu por parte da FEMP no Ministerio de Facenda a primeira reunión do grupo de traballo sobre regra de gasto tras a que destacou que o Goberno xa está estudando as modificacións en teito de gasto. <br />
O presidente da FEMP, Abel Caballero será recibido polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no Palacio da Moncloa o próximo xoves 20 de decembro ás 11,00 h. O municipalismo será, po tanto, quen peche a ronda de contactos que Sánchez mantivo coas comunidades autónomas, o que ten sido valorado por Caballero como un xesto cos concellos porque "por primeira vez un presidente do Goberno sitúa ás entidades locais no mesmo plano que as autonomías, algo que xa puxo de manifesto a cercanía e implicación de Sánchez cos gobernos locais desde o momento no que, nada máis tomar posesión como presidente do Goberno, nos emprazou a este encontro que imos manter".
Caballero explicou que exporá ao presidente do Goberno as principais reivindicacións do municipalismo, "aínda que as coñece ben, foi concelleiro en Madrid ao comezo da súa carreira política". Entre esas demandas, o alcalde de Vigo destacou as referidas ao finanzamento local, "unha reivindicación que vén de hai moitos anos e que agora é máis necesaria que nunca porque os concellos somos a primeira porta ao cidadán coa Administración e, como tal, somos Estado"; á ampliación de competencias, "algo sobre o que, de feito, xa traballa o Goberno mediante modificacións na LARSAL, segundo informou a ministra de Política Territorial á Xunta de Goberno da FEMP na última reunión que mantivemos o pasado 27 de novembro en Barcelona"; a reinversión dos superávits locais, "sen condicionantes, xeramos uns remanentes de 30.000 millóns de euros froito da nosa impecable xestión e temos axudado ao cumprimento dos requisitos financeiros do Reino de España da Unión Europea; ou a flexibilización do teito de gasto.
Regra de gasto
Precisamente, na mañá de hoxe celebrouse no Ministerio de Facenda unha reunión do Grupo de Traballo de Regra de Gasto na que se abordou a mellora da mesma e se acordou, en palabras do presidente da FEMP, crear "rapidamente" unha Comisión Técnica para empezar a estudar todos os puntos concretos que permitan aos gobernos locais "poder facer e dotar mellores servizos coa utilización dos nosos recursos".
Caballero, quen presidiu a delegación municipalista no Ministerio de Facenda, sinalou que "o novo Goberno de España está estudiando a fondo as modificacións que se poden facer no teito de gasto para que os Concellos teñamos a capacidade de atender, máis e mellor, aos cidadáns, e poder utilizar os nosos recursos sen condicionantes innecesarios, desde o recoñecemento que fai o actual Goberno de España de que os concellos somos moi bos xestores".
Ademáis, "o Ministerio garantíunos que vai prorrogar o uso do superávit de 2017 ata o año 2019", feito "moi importante porque, neste momento, temos moitas adxudicacións en marcha con cargo ao superávit de 2017, que poderán e que deberían poder levarse ao ano 2019".
O grupo de Traballo sobre Regla de Gasto contou coa presencia da Secretaria de Estado de Facenda, Inés Bardón, que encabezou a delegación ministerial, e do Secretario de Estado de Política Territorial, Ignacio Sánchez Amor.
Descargar todas as imaxes