Escoitar

O alcalde "orgulloso" da mención especial da UE á política de accesibilidade de Vigo

Abel Caballero asistiu na sede da Comisión Europea en Bruxelas á entrega dos Access City Award que recoñecen o labor de varias cidades a prol da accesibilidade e mobilidade cidadá. Vigo é a única cidade española premiada, entre 52 de toda Europa.

martes, 4 dec 2018
1543929547bruxelas2.jpeg
Vigo recibiu este martes a mención especial da Unión Europea á súa política de accesibilidade nun acto celebrado na sede da Comisión Europea en Bruxelas. Un "recoñecemento de toda Europa á construción de ascensores, escaleiras mecánicas e a unha nova forma de entender a cidade, a modernidade, o transporte urbano, as humanizacións ou a accesibilidade nos autobuses", en palabras do rexedor olívico que recibiu o galardón.

Abel Caballero amosouse "orgulloso e feliz" de que a Unión Europea recoñeza á cidade "polo traballo de tantos anos que hoxe obtén un recoñecemento internacional" transformándoa e construíndo un Vigo "humanizado para a xente e o premio estimúlanos a continuar co proxecto porque vale a pena". "Estamos facendo a cidade máis accesible para as persoas con discapacidade pero tamén para as familias, as persoas maiores, as familias con nenos pequenos..." e engadiu que "estamos nun tempo distinto, nun momento distinto e é tempo de recoñecer dereitos".

A Unión Europea recoñece o proxecto "Vigo Vertical" co que o Concello está cambiando a mobilidade cidadá e recoñece esta "arquitectura innovadora nunha difícil topografía". Vigo era a única cidade española que chegaba á final logo de ser elixida entre 52 solicitudes de cidades de toda Europa.

A candidatura de Vigo presentaba as accións encamiñadas a facilitar a mobilidade na cidade, con elementos que salvan a súa complicada orografía, con proxectos en marcha nestes momentos que supoñen un investimento de 4,2 millóns de euros. A humanización de Marqués de Valterra -que inclúe a comunicación vertical entre a rúa e Juan Ramón Jiménez, cun importe de 871.000 euros; a remodelación do parque Camilo José Cela, 2,8 millóns, cun elevador entre Torrecedeira e Pi i Margall e o ascensor de San Salvador, que rematará en febreiro, cun importe de 524.000 euros.

Outras actuacións xa rematadas, que se enmarcan no proxecto Vigo Vertical, son o ascensor de Menéndez Pelayo e as escaleiras de Abeleira Menéndez. En proxecto están as ramplas de Gran Vía e a peonalización da Porta do Sol e, en fase de redacción do proxecto, o segundo ascensor de Marqués de Valterra (á altura de Juan Ramón Jiménez) e o que unirá García Barbón co centro Vialia-
1543929547bruxelas2.jpeg
1543929446bruxelas1.jpeg