Escoitar

O Goberno local ten en marcha obras de humanización no rural por un importe de 8,3 millóns

O Concello está a investir 8,3 millóns de euros nun proxecto de obras de humanización no rural que prevé actuar en todas as parroquias a partir do mes de xaneiro. Ademais, o goberno local tamén está a desenvolver un plan de renovación de elementos de iluminación viaria por importe de 650.000 euros.

mércores, 5 dec 2018
Carlos López Font deu conta esta mañá das inversións en humanizacións previstas no rural, que alcanzan os 8,3 millóns de euros. As actuacións, que foron consensuadas coas asociacións e entidades veciñais, comezarán entre xaneiro e febreiro de 2019. En concreto, referiuse a Matamá (rúa Manuel Cominges, Camiño Carrazóns; rúa Abade Juan de Dios e Camiño Ribas); Valladares (Estrada Zondal, Estrada Costa e Estrada do Freixo); Coruxo (Camiño Río da Barxa e Estrada Fragoselo); Candeán (rúa Rabadeira); Bembrive (rúa Segade); Teis (Doutor Corbal); Beade (rúa Cabada, Becerreira, rúa Figueiras, rúa Fontaíñas de Arriba; Camiño Chamuscada e rúa Seixo); Lavadores (Camiño Pombal, rúa Santa Cristina, Camiño Sabaxáns, rúa Pardavila, Camiño Vello, rúa Cortellas, rúa Naia; rúa do Areeiro e Subida a Sello); Alcabre (Camiño Turido e Camiño Fontes); Sárdoma (Camiño Costa Peteta, Camiño Rioboo e Subida de Relfas); Oia (Camiño Cesáreo Vázquez e Estrada Igrexa Roteas); Saiáns (Baixada Praia) e, por último, Zamáns (Estrada de Vilaverde). Como proxectos singulares, destacou os 3,5 millóns de euros que se van a investir na Estrada Porto, grazas a un convenio coa Deputación de Pontevedra;; a Escola de Música de Beade, cun investimento de medio millón de euros, un orzamento similar ao do Centro cultural de Becerreira.

Respecto das zonas nas que se van construír beirarrúas, aludiu ao barrio de A Salgueira (rúa Mantelas); Beade (Camiño da Brea, rúa Costa da Gándara e máis a Estrada da Venda); Cabral (rúas Caeiro e Figueiras; rúas Penís de Abaixo; Praza da Feira; rúa Fontiñas de Abaixo e Camiño Regueira); Coruxo (Estrada José Rivas e José Fragoselo); Lavadores (rúa Bagunda, rúa Cantabria, rúa das Fontáns e rúa Rosal Florido); Matamá (Estrada Balsa); Teis (rúa dos Foxos, rúa Paradela e primeira Travesía Guixar) e Valladares (Camiño do Laranxo e Camiño da Pomba).

Ao mesmo tempo, o Goberno local tamén en en marcha un plan de renovación de luminarias, por importe de 650.000 euros, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética no rural.