O alumeado de Nadal de Vigo atrae a decenas de miles de visitantes e a cidade agarda outro cheo durante a fin de semana
Abel Caballero ofreceu datos sobre a afluencia ao centro da cidade este xoves. O alcalde sinalou que na contorna do Farol de Urzáiz contabilizáronse unhas 65.000 persoas en apenas catro horas. Ademais, sinalou que a ocupación hoteleira está ao 70% e nos vindeiros días acadará o cheo.
Un total de 65.000 persoas percorreron a zona da Farola entre as seis da tarde e as dez da noite do xoves. Este dato foi feito público polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación na que avanzou as boas cifras de ocupación hoteleira grazas ao alumeado de Nadal instalado polo Concello.
"Isto era o que queriamos e o conseguimos", sinalou o rexedor en referencia á masiva afluencia de visitantes que está a acadar a cidade desde que o pasado 24 de novembro foron acendidas as luces de Nadal na cidade.
Caballero explicou que o nivel de afluencia foi "inconmensurable" e admitiu que "foi a vez que máis xente mirei" nas zonas de Porta do Sol, Príncipe, Farol de Urzáiz e cruce de Policarpo Sanz. Ademais, avanzou que as previsións de chegada de turistas son aínda máis optimistas para os vindeiros días.
Así, asegurou que ata o de agora a ocupación hoteleira ronda o 70 por cento, pero para a fin de semana está previsto o cheo total. "Aínda así, que ninguén deixe de vir a Vigo, temos sitio para todos, non hai ningún problema de falta de prazas", insistiu. Os datos dos hostaleiros apuntan que na seguinte fin de semana, entre o 14 e o 16 de decembro, a ocupación rondará o 80 por cento.
Respecto á iniciativa do Bus Nadal, as cifras dos seis primeiros días desde a posta en funcionamento indican que case 2.000 persoas realizaron algunha das tres rutas por toda a cidade para desfrutar do alumeado.
Abel Caballero tamén destacou que chegan visitantes desde todos lados de Galicia e España e avanzou que este sábado desembarcarán na cidade 300 pasaxeiros en seis autobuses procedentes de Zamora.
"Podo dicir que houbo comercios e cafeterías que bateron todo os seus récords históricos de recadación", afirmou o alcalde.
Belén do Mercado de Teis
O alcalde participou este venres na inauguración do Belén do Mercado de Teis posto en marcha polos comerciantes. O rexedor felicitounos pola iniciativa e trasladoulles os seus mellores desexos para estas festas.
Descargar todas as imaxes