O alcalde asegura que "sentamos as bases para ter unha relación de cooperación" institucional tras a primeira reunión co presidente do Porto

xoves, 4 ago 2011

Abel Caballero mantivo este xoves a primeira reunión con Ignacio López-Chaves tras ser este nomeado presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. O alcalde definiu a entrevista de "produtiva" e para entablar unha relación "fluída, leal e de colaboración" institucional. O rexedor vigués anunciou que o Concello iniciará "mañá mesmo" a limpeza dos espazos infantis portuarios de Bouzas e Areal e encargarase dos contedores sitos nos embarcadeiros ao Morrazo e Cíes.

Caballero asegura que Blanco é o gran garante da ampliación da ponte de Rande

mércores, 3 ago 2011

O rexedor garantiu hoxe mércores a licitación da ampliación da ponte de Rande, na que se investirán 200.000 millóns de euros, "porque tanto o ministro de Fomento como o alcalde de Vigo están volcados para que así sexa". Logo de felicitar ao ministro de Fomento, "garante da obra", criticou a Feijóo por opoñerse á dotar de maior capacidade a unha arteria "clave para esta cidade".

Caballero ofrece á Xunta e Deputación "cooperar" para habilitar liñas nacionais e internacionais en Peinador

martes, 2 ago 2011

O alcalde de Vigo ofreceu hoxe martes á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra "cooperar" para habilitar rutas nacionais e internacionais desde o aeroporto de Vigo. Caballero asegurou que "non quero máis polémicas" e ofertou conversar ás administracións para impulsar Peinador, "o aeroporto a potenciar". O primeiro edil citou Paris, Londres, Francfort e o norte de Italia como destinos internacionais centrais para Vigo.

Caballero mediará cos Ministerios de Pesca e Industria para que apoien Conxemar

martes, 2 ago 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a súa intención de "facer xestións" cos Ministerios de Pesca e Industria para "darlle fluidez" aos contactos cos promotores da feira de Conxemar. Logo dunha xuntanza con responsables do evento, o rexedor cualificou esta cita económica como "estratéxica para a cidade" e destacou a importancia de que desde Madrid se lle dea pulo "á feira do conxelado máis importante de Europa".

O rexedor insta á Xunta a voltar á senda da cooperación no tax lease do naval

martes, 2 ago 2011

Abel Caballero subliñou hoxe martes "a importancia de que todas as administracións rememos na mesma dirección" para solucionar o problema do tax lease. En declaracións aos medios, o rexedor lembroulle á Xunta "a súa obriga de apoiar ao Goberno de España" na súa negociación coa Comisión Europea posto "que non creo que sexa convinte que aparezan voces discordantes". Nesta liña, confirmou que o Goberno Central xa enviou as alegacións correspondentes coa petición de que se resolvan no mes de setembro.

Caballero compromete o apoio do Concello ao proxecto investigador do CSIC na ETEA

venres, 29 xul 2011

Tras unha reunión co seu presidente, Rafael Rodrigo, o alcalde de Vigo garantiu o respaldo do Concello ao proxecto do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para a ETEA, onde planea erixir un gran centro de formación e investigación chamado a converterse en "referencia internacional". Abel Caballero confiou en contar co respaldo da Xunta de Galicia a un proxecto "estratéxico para esta cidade", con 35 millóns de orzamento, que podería concretarse no mes de setembro.

"A xerencia da Fundación ProVigo terá custe cero para esta cidade"

venres, 29 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres novas medidas de austeridade, tras a reducción de dedicacións no goberno local ou a eliminación dos caterings. O primeiro edil avanzou que convocará a próxima semana a Julio Fernández Gayoso, Fernández Alvariño e García Costas, membros do Padroado de ProVigo, para valorar nomes para dirixir a xerencia da Fundación.

Caballero anuncia que a Fundación Provigo continuará a súa labor a pesar do abandono da Xunta e da Deputación de Pontevedra

xoves, 28 xul 2011

O Padroado da Fundación Provigo decidiu hoxe xoves -a proposta do alcalde de Vigo, Abel Caballero,- continuar a súa andaina a pesar da decisión da Xunta e da Deputación de Pontevedra de abandonar a institución "sen previo aviso". Caballero propuxo converter a Fundación nunha entidade sen gastos en persoal, unha iniciativa que suporá o aforro anual de entre 120.000 e 140.000 euros, que poderán ser destinados integramente ás funcións de promoción económica para as que foi creado o organismo. A iniciativa do alcalde, aceptada polos membros do Padroado, prevé substituír a figura do xerente por un funcionario para que "supoña custe cero para a Fundación".

O Concello cooperará coa megafonía e pantallas na procesión do Cristo, que retomará o seu percorrido habitual por Policarpo Sanz

mércores, 27 xul 2011

Así o anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras manter unha reunión coa Confraría do Cristo da Victoria para "planificar os actos" de celebración. Caballero avanzou que a procesión retomará o traxecto "habitual" por Policarpo Sanz desde Colón ata a Porta do Sol e o Concello asumirá a megafonía e instalará unha pantalla para seguir fóra as celebracións na Concatedral.

<br />

O Auditorio Mar de Vigo acolle a representación da ópera Aída

xoves, 21 xul 2011

O próximo martes 26 de xullo o Auditorio Mar de Vigo "se viste de ópera", coa representación de Aída, segundo anunciou hoxe xoves o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen non dubidou á hora de amosar a súa satisfacción por contar na cidade "cun evento cultural da máxima embergadura".