Escoitar

Caballero valora o "reforzo do municipalismo" que supón a reforma da LRSAL

A ministra Meritxell Batet avanzoulle este martes á Xunta de Goberno da FEMP o compromiso de reforma da LRSAL antes das eleccións de maio, "o inicio dunha nova andadura no municipalismo español" en palabras do alcalde de Vigo.

martes, 27 nov 2018
1543339794femp.jpg
O Presidente da FEMP cualificou de "reforzamento do municipalismo o anuncio formulado esta mañá pola Ministra Meritxell Batet ante os membros da Xunta de Goberno da FEMP en relación coa reforma da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local (LRSAL), unha reforma que "significa iniciar una nova andadura no municipalismo español". O rexedor vigués manifestou amais o interese dos municipios por estar presentes na reforma da Constitución "cando toque" esta reforma, porque é un elemento base na política de España.

O obxectivo da modificación desta norma emprendida polo Goberno é dotar aos concellos de máis capacidade e máis empoderamento para poder ofrecer mellores servizos á cidadanía e dar resposta ás súas necesidades.

A reforma da LRSAL resulta urxente para a Miinistra de Política Territorial e Función Pública porque "é necesario que antes das eleccións de maio, os gobernos locais poidan ver restablecidas as súas competencias nos ámbitos sociais, a xestión directa dos servizos locais ou a atención das necesidades específicas de contratación. Tamén está previsto reforzar a autoridade do Pleno e incorporar o voto telemático. Así mesmo, o Goberno traballa para incorporar melloras na aplicación da regra de gasto e teito de gasto (cuestión que se abordará nunha xuntanza o vindeiro 5 de decembro), ofrecer maior flexibilidade á inversión do superávit e avanzar na solución á cuestión das plusvalías.

A Xunta de Goberno da FEMP reuniuse hoxe en Barcelona para render homenaxe ás vítimas dos atentados de Barcelona e Cambrils cunha ofrenda floral no Mosaico de Miró, na Rambla da Cidade Condal. Na xuntanza, Meritxell Batet, compartiu cos membros da Xunta de Goberno o estado no que se encontra a modificación da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, LRSAL, que o Goberno está impulsando. Segundo sinalou, a norma marcou os últimos anos dos Gobernos Locais cunha excepcionalidade debida en parte á crise que supuxo un "excesivo baleirado de competencias dos Consistorios, que non estaba xustificado".
Descargar todas as imaxes