O proxecto Come rico, vive san achega hábitos alimenticios saudables a máis de 400 estudantes
O Mercado de O Progreso acolleu unha nova edición do proxecto Come rico, vive san que trata de inculcar nos máis pequenos hábitos alimenticios saudables. O alcalde achegouse esta mañá a un destes obradoiros nos que xa participaron máis de 400 estudantes.
O alcalde visitou esta mañá o Mercado de O Progreso no que se estaba a desenvolver unha nova edición do programa Come rico, vive san, dentro dun proxecto nacional de prevención da obesidade. Nesta ocasión foron os alumnos do Ceip Ría de Vigo os que se achegaron a hábitos alimenticios saudables, un obradoiro polo que xa pasaron máis de 400 estudantes.
Descargar todas as imaxes