mércores, 28 nov 2018
A Corporación Municipal de Vigo celebrou este mércores a sesión plenaria do mes de novembro na que aprobou unha moción para solicitar á Xunta que reformule o anteproxecto de lei de ordenación do territorio de Galicia. Tamén saíron adiante cos votos de PSOE e Marea as propostas para pedir a administración autonómica partidas para humanización de viais e melloras nos centros educativos.
mércores, 28 nov 2018
O goberno de Vigo aprobou este mércores no Pleno a modificación definitiva da ordenanza, sen o voto favorable de PP nin Marea. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, explicou a empresa concesionaria declarou 3,5 millóns de beneficio en 2017 e recordou que están exentos do pago do IBI os centros de atención primaria de saúde, titularidade do Sergas, con persoal funcionario ou estatutario.
mércores, 28 nov 2018
En representación de FOANPAS, Regina Ibáñez expuxo ante a Corporación a urxencia de replantexar as zonas escolares e o mapa de adscricións, pois o actual é "obsoleto e inxusto" e discrimina aos centros públicos. Ao remate das intervencións dos grupos, Abel Caballero trasladou o "apoio total" e o "recoñecemento" do goberno vigués á Federación.
mércores, 28 nov 2018
Isabel López, do colectivo Escola de Mulleres Solidarias e no nome do Consello municipal da muller, deu lectura este mércores no Pleno da Corporación a unha declaración institucional polo Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.