xoves, 29 novembro 2018

Bouzas acolle este sábado o torneo Cidade de Vigo de kárate

xoves, 29 nov 2018

A organización confirmou a participación duns 80 karatecas, dende categoría infantil a sénior, nas modalidades de kata e kumite (masculina e feminina) e kobudo (por equipos mixta), con presenza de entidades deportivas de Galicia, Madrid, Asturias e Cantabria entre clubs e colexios.