O alcalde asegura que a demolición do hotel Samil permitirá "reparar un erro histórico nesta cidade"
Abel Caballero achegouse esta mañá ao acto de inicio de demolición do antigo hotel Samil, construído na década dos setenta. Este derrubamento permitirá iniciar a construción dun novo establecemento hostaleiro "moderno e ecoloxicamente moi ben adaptado ao terreo, nunha das mellores zonas de Vigo". Está previsto que as obras rematen en 22 meses.