Caballero avoga porque os grandes buques que visitan Vigo manteñan xornadas de portas abertas

mércores, 28 set 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe martes un encontro oficial co comandante do buque escola HMS GLADAM presente na nosa cidade. Logo da reunión protocolaria na que tamén estivo presente o consul de Suecia, Henry H. A. Guyatt, o rexedor apuntou a posibilidade de que os grandes buques que visitan Vigo organicen xornadas de portas abertas e avanzou que lle prantexará esta posibilidade ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

Caballero mantivo a primeira reunión co novo director executivo da Axencia Europea de Control da Pesca

martes, 27 set 2011

O alcalde de Vigo recibiu este martes a Pascal Savouret, nomeado novo director executivo da Axencia Europea de Control da Pesca, que ten a súa sede na cidade. Savouret conta cunha ampla traxectoria no ámbito do control pesqueiro e responsabilizarase da execución das accións operativas da entidade. Tras a súa toma de posesión o pasado un de setembro, ambos mandatarios avogaron pola cooperación entre as partes en beneficio común.

O alcalde asegura que o Concello destina 2,7 millóns de euros para o albergue

venres, 23 set 2011

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe venres a modificación necesaria para que entre en vigor o convenio asinado polo Concello e a entidade social Emaus para a adaptación e xestión do Centro de Acollida Polivalente no Casco Vello de Vigo. Unha vez validada a autorización de uso, Emaus poderá adaptar o edificio da antiga Escola de Hostelería, no Berbés, para a súa nova función; para o que o goberno local abonará 512.000 euros ao ano desde 2012 a 2015, máis 675.000 euros de obra e equipamento.

O Concello elaborará un anteproxecto para divulgar a Batalla de Rande

mércores, 21 set 2011

O alcalde de Vigo avanzou hoxe mércores que encargará un anteproxecto que permita "exhibir, reproducir e describir de forma atractiva" o contexto económico, social e político no que se desenvolveu a Batalla de Rande. Anunciou que, dado que a Xunta traballa nunha iniciativa similar, estableceremos contacto coa Consellería de Cultura -dixo- para presentar unha iniciativa conxunta "que poidéramos levar a Europa para acceder a axudas comunitarias".

Caballero recibiu ao alumnado do curso de "accións formativas para desempregados"

martes, 20 set 2011

O alcalde de Vigo mantivo unha entrevista este martes cos quince alumnos e alumnas da Escola de Turismo CEBEM, de visita hoxe no Concello, que asisten ao curso "Accións formativas para desempregados", que inclúe un módulo de comunicación. Os estudantes puideron departir co rexedor vigués e coñecer instalacións municipais como a sala de prensa ou o Salón de Plenos da Corporación.