O rexedor “aplaude” o traballo do persoal de Povisa durante a pandemia

martes, 22 dec 2020

Abel Caballero participou este martes na decoración e acendido da árbore de Nadal do centro hospitalario da que pendurou unha bóla co seu desexo de “cariño, felicidade e o fin da pandemia” para o vindeiro ano 2021. Ademais, trasladou ao persoal de Povisa o “aplauso en nome da cidade por todo o traballo” feito desde o inicio da crise do Covid-19 e o que seguen a desenvolver nestes momentos e apelou á prudencia da cidadanía para vivir as festas nestes “tempos complexos”.

O alcalde celebra a volta á actividade do centro comercial Coia 4

venres, 18 dec 2020

Abel Caballero visitou este venres as instalacións do centro comercial Coia 4 logo das obras de reforma e rehabilitación realizadas tralo incendio que sufriron o pasado mes de outubro e que danou arredor de 80 locais. O rexedor trasladoulle aos comerciantes o ánimo e apoio do goberno municipal no reinicio da actividade e felicitounos pola axilidade coa que foron quen de acometer os traballos de rehabilitación e reparación dos espazos

O Concello convoca un concurso de ideas para rehabilitar a fachada da Basílica de Santa María

venres, 18 dec 2020

O goberno local avanza na rehabilitación da fachada da Basílica aprobando o concurso de ideas que permitirá buscar a mellor solución para a reforma das seis edificacións existentes e transformalas nun edificio dotacional. O importe do proxecto é de 78.000 euros e o primeiro clasificado ademais de recibir 15.000 euros, redactará o proxecto básico e de execución.