Escoitar

O Concello agasalla aos escolares o libro “Cíes e Roque: Operación Reconquista”

O alcalde presentou este xoves a obra coa autora, Amaia Mauleón, e o ilustrador, Pablo Rosendo. Unha aventura na que Cíes, Roque e os seus amigos viven en primeira persoa a Reconquista da cidade en 1809. Para o rexedor a historia “é unha forma de transmitir cidade porque é importante que as nenas e os nenos queiran á cidade”.

xoves, 27 mai 2021
O rexedor na presentación do libro con Amaia Mauleón e Pablo Rosendo
O rexedor na presentación do libro con Amaia Mauleón e Pablo Rosendo

Abel Caballero explicou que se trata dun “libro de edición excepcional con magníficas ilustracións”, que conforma unha “forma marabillosa de entender a Reconquista, de entender o século XIX, aquel momento de Vigo” e que, ademais, está contado de forma amena.

 


Segundo explicou o rexedor, o Concello distribuirá 18.000 exemplares nos centros educativos de Vigo para o alumnado de 3º a 6º de Primaria, entre 9 e 11 anos. "Queremos compensalos pola falta da celebración da Reconquista este ano; non puideron vivila e estar nunha parte importante do espírito da cidade”, de xeito que a entrega dos libros é “un cariño da cidade” coa infancia que está sufrindo a pandemia non sendo moi conscientes do drama do momento pola súa idade.

Amaia Mauleón, autora do libro, agarda que “Cíes e Roque: operación Reconquista” sirva para que as nenas e nenos vigueses lean e se acheguen á historia da cidade, ao Vigo de 1809 “de xeito lúdico e coñezan o feito histórico da Reconquista, tan importante na cidade, vivindo en primeira persoa o que pasou e sendo partícipes dos valores de valentía, paz, solidariedade e amizade da cidadanía” naquel momento.

 


O novo libro, editado por Lobito Bueno, continúa a pequena serie que iniciou “A aventura de Roque en Vigo, a cidade das cores”, onde os protagonistas percorren os espazos e monumentos máis importantes da urbe e “O máxico Nadal de Cíes e Roque en Vigo”, onde coñecen os principais atractivos da celebración navideña na cidade.

 

 

Descargar todas as imaxes