Escoitar

Vigo autorizará as fogueiras de San Xoán co cumprimento da normativa sanitaria

O alcalde avanzou que Vigo terá este ano novamente fogueiras de San Xoán coa “aplicación estrita das normas sanitarias” da Xunta de Galicia e do Goberno de España imperantes no momento da celebración

martes, 1 xuñ 2021
O rexedor en rolda de prensa
O rexedor en rolda de prensa

Segundo explicou Abel Caballero, nas fogueiras que o goberno municipal autorice non se poderá comer nin beber “para tratar de manter a distancia social e co fin de evitar sacar a máscara” e, amais, terán que finalizar ás 00:00 horas porque, a día de hoxe, dixo, seguen estando prohibidas as reunións de non conviventes a partir da 1 da madrugada polo que se facilita que a xente chegue aos seus domicilios en tempo.

En canto ás autorizacións, o rexedor apuntou que cada fogueira deberá facer a súa solicitude que lle será concedida en “dous niveis”: o primeiro, a seguridade, e o segundo a aplicación das normas sanitarias determinadas pola Xunta de Galicia.

Así, as circunstancias e condicións específicas para a celebración das fogueiras de San Xoán en Vigo este mes de xuño dependerá dos condicionantes impostos pola autoridade sanitaria nese momento, toda vez que se coñece que o goberno autonómico permitirá a súa organización.

 

 

 

Descargar todas as imaxes