martes, 1 xuñ 2021
Abel Caballero e Carmela Silva presentaron este martes no MARCO o VII Programa municipal de arte urbana que conta con quince novas intervencións en diferentes espazos da cidade e co que se acadarán as 150 pinturas ao aire libre en Vigo. No acto proxectouse tamén un vídeo de resumo da edición de 2020 do programa.
martes, 1 xuñ 2021
O alcalde avanzou que Vigo terá este ano novamente fogueiras de San Xoán coa “aplicación estrita das normas sanitarias” da Xunta de Galicia e do Goberno de España imperantes no momento da celebración
martes, 1 xuñ 2021
O alcalde, Abel Caballero, e a autora, Adela Pintado, presentárono este martes no Concello, un material didáctico xurdido do confinamento que mistura rimas breves e pictogramas para facilitar a aprendizaxe das tarefas diarias dos nenos e nenas nas clases. O Concello entrégao de balde ás escolas infantís.
martes, 1 xuñ 2021
Abel Caballero recibiu este martes ao responsable de operacións de Ribera Salud e actual xerente de Povisa en Vigo, José David Zafrilla, que acudiu ao encontro acompañado de Rafa Cabadas, que asumirá proximamente as responsabilidades da xerencia de Povisa e de quen o rexedor dixo que é un “bo coñecedor da cidade”.
martes, 1 xuñ 2021
Este mércores, 2 de xuño, segundo informou Caballero, o Concello iluminará de cor verde ás fontes de Aragón con Jenaro de la Fuente para conmemorar o Día Internacional da Miastenia e tamén o Día do Doante de Órganos.