xoves, 23 nov 2017
Abel Caballero volveu este xoves demandar á Xunta de Galicia a rebaixa do caudal ecolóxico dos encoros -con volume para 73 días- e o inicio do trasvase do Verdugo ao Oitavén para asegurar o abastecemento en Vigo e área metropolitana. O alcalde denunciou que a Xunta si adoptou medidas na Coruña que nega na cidade olívica.
mércores, 22 nov 2017
O alcalde inaugurou este mércores unha nova edición de Mostrarte, a iniciativa cultural que leva obras artísticas ás dependencias da Alcaldía, desta volta á cargo da creadora e profesora de técnicas pictóricas na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Rosa Elvira Caamaño. Os debuxos expostos, inéditos, amosan o seu dominio da técnica.
mércores, 22 nov 2017
Abel Caballero defendeu esta mañá o importante papel que xogan as administracións locais no contexto político actual e avogou porque a reforma da Constitución recolla un aumento das competencias municipais. Así o manifestou no almorzo informativo Forum Europa no que participou este mércores no Hotel Pazo Los Escudos e no que foi presentado pola concelleira de Políticas de Benestar, Isaura Abelairas.
martes, 21 nov 2017
O alcalde participou este martes en Metalships no acto de presentación do proxecto europeo Intelligent Naval 4.0, liderado pola Deputación de Pontevedra e coa participación de distintos socios internacionais. Na súa intervención, eloxiou unha iniciativa que "entende as institucións ao servizo do desenvolvemento da actividade económica e industrial"
venres, 17 nov 2017
Durante a inauguración das XXI Xornadas de Outono que se desenvolven no Centro Social Afundación baixo o lema "Precariedade e Igualdade", Caballero felicitou á organización, representada por Matías Movilla, pola calidade dos contidos do encontro e o prestixio dos profesionais participantes. Amais, valorou o labor dos avogados nas novas relacións entre traballadores e empregadores, o papel dos sindicatos do século XXI, o impacto da crise e a caída dos salarios que conforman o novo panorama nas relacións de produción, unhas circunstancias, dixo, sobre as que cómpre reflexionar.
venres, 17 nov 2017
O alcalde participou na presentación desta nova edición na que competirán 276 parellas de toda España, 32 delas viguesas, e que contará con dúas chegadas dende México.
mércores, 8 nov 2017
Cos encoros ao 41% da súa capacidade e as previsións climatolóxicas, Abel Caballero apuntou que Vigo entraría en fase de escasez severa -menos de 70 días de subministro- a comezos de decembro. O alcalde pide á Xunta a adopción urxente de medidas, como a redución do caudal ecolóxico e a construción do azud entre os ríos Verdugo e Oitavén.
martes, 7 nov 2017
O alcalde criticou esta mañá que os vigueses teñan que pagar 5 euros máis de media por encher o depósito de gasoil que o resto dos españois, unha situación para a que no existe xustificación algunha. Reclamou á Xunta e ao Goberno central que actúen para que se cumpran as condicións legais de competencia. <br />
luns, 6 nov 2017
O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación achegáronse hoxe luns ás ultimas novidades tecnolóxicas aplicadas á seguridade, mobilidade, redes enerxéticas ou edificacións intelixentes. Vigo é unha das 13 cidades españolas que compañía Siemens visita coa súa smartcity hub itinerante coa que estarán todo o día de hoxe na rúa Príncipe co obxectivo de explicar como avanzar na implementación das solucións máis eficientes e sostibles nas cidades.
luns, 30 out 2017
Abel Caballero viaxa mañá martes a Madrid para reunirse co presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, Juan Bravo, cita na que o alcalde agarda "pechar os últimos flocos" pendentes para Urzáiz. A reunión tratará tamén da terminal de autobuses e da saída da cidade á autopista en túnel, eliminando o paso elevado de Alfonso XIII.