Abel Caballero participará o mércores na Conferencia de Presidentes
luns, 20 dec 2021Como presidente de la FEMP, en representación de todos os concellos de España, o alcalde vigués sinalará que os enfoques deben ser a vacinación e a prudencia.
Como presidente de la FEMP, en representación de todos os concellos de España, o alcalde vigués sinalará que os enfoques deben ser a vacinación e a prudencia.
Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Isabel Pardo de Vera, secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, quen garantiu o proxecto do AVE directo a Vigo por Cerdedo: “non máis dúbidas”.
O alcalde expresou en rolda de prensa a sua satisfacción polo apoio da Comisión Europea á liña de alta velocidade ferroviaria Vigo-Porto, pero considera que o horizonte 2040 é “claramente excesivo” e pide seguir no diálogo con Europa “para acurtar os prazos”.
O alcalde asistiu xunto a Carmela Silva, presidenta do ente provincial, á presentación dos calendarios competenciais 2022 para Infantil, Primaria e Secundaria que a Deputación distribúe nos centros educativos pontevedreses. Os 8.000 exemplares nos que aparecen propostas de aprendizaxe colaborativa, actividades de lecer, educación ambiental ou consumo responsable permitirán que as familias sexan partícipes do proceso educativo dos seus fillos e fillas.
Abel Caballero participou este martes no acto de imposición das identificacións dos embaixadores júnior do Programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. O centro vigués é o único en Galicia con este certificado.
O presidente da FEMP participou na I Conferencia de Cidades que Coidan, un proxecto desenvolvido co traballo de máis de 100 organizacións e expertos e liderado pola Federación e a Fundación Mémora, cuxos resultados, recollidos no Libro Branco Cidades que Coidan, foron presentados no marco dun acto inaugurado pola Presidenta do Congreso dos Deputados, Meritxell, Batet, o propio Abel Caballero, Santiago de Torres da Fundación Mémora e o Secretario de Estado de Dereitos Sociais, Ignacio Alvarez Peralta.
O alcalde asistiu este xoves xunto a Carmela Silva á presentación da campaña “Búscase a Talento” coa que a Deputación de Pontevedra quere que o alumnado de Primaria tome conciencia sobre a importancia do talento, por enriba dos estereotipos de sexo.
O alcalde insiste na conexión en alta velocidade Vigo-Ourense-Madrid por Cerdedo.
O rexedor mantivo unha xuntanza co seu homólogo de La Laguna (Santa Cruz de Tenerife) que estivo na cidade estes días. Caballero agradeceu a visita Luis Yeray Gutiérrez na que compartiron as súas experiencias de goberno.
O rexedor mantivo unha xuntanza coa nova presidenta de ADIF, María Luisa Domínguez, para avanzar nos asuntos da alta velocidade de Vigo, como a variante Vigo-Ourense por Cerdedo que é “primordial” e á saída sur en túnel “porque Vigo non contempla outra alternativa”