Caballero pide axilizar os prazos do AVE Vigo-Porto tras o apoio de Europa
O alcalde expresou en rolda de prensa a sua satisfacción polo apoio da Comisión Europea á liña de alta velocidade ferroviaria Vigo-Porto, pero considera que o horizonte 2040 é “claramente excesivo” e pide seguir no diálogo con Europa “para acurtar os prazos”.
A Comisión Europea presentou esta semana o Plan de Mobilidade Verde e Eficiente no que fixa cara o ano 2040 o prazo máximo para rematar as obras da liña de alta velocidade entre Vigo e Porto, adiantando así dez anos os tempos previstos nun principio.
Abel Caballero celebrou o apoio da UE e dixo que “isto supón unha oportunidade para Vigo e é unha conexión internacional na que se di como queremos facer Europa”. Deste xeito, o alcalde sinalou a XXXI Cumbre Hispano-Lusa de Guarda onde Portugal e España acordaron traballar neste sentido.
Por outra banda, o rexedor puxo de manifesto que “haberá que seguir co diálogo para acurtar os prazos” xa que o horizonte 2040 considérao “claramente excesivo” e afirma que “isto ten que estar feito moito antes”
Caballero insiste que “Portugal, España e Vigo queren que isto se faga no tempo máis breve posible” e considera que o horizonte 2040 “é un apoio” e pide traballar “no escenario cara á 2030, como ten previsto Portugal no Plan de Investimentos”
Deste xeito, o alcalde celebra que que “a saída sur será en túnel como reclama a cidade e haberá un tren directo a Europa e Madrid a través do Vigo-Ourense por Cerdedo”.
Abel Caballero manterá este venres unha xuntanza coa secretaria de Estado de Transportes Movilidad e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera.