martes, 14 decembro 2021

Abel Caballero eloxia o valor educativo do calendario de competencias da Deputación de Pontevedra

martes, 14 dec 2021

O alcalde asistiu xunto a Carmela Silva, presidenta do ente provincial, á presentación dos calendarios competenciais 2022 para Infantil, Primaria e Secundaria que a Deputación distribúe nos centros educativos pontevedreses. Os 8.000 exemplares nos que aparecen propostas de aprendizaxe colaborativa, actividades de lecer, educación ambiental ou consumo responsable permitirán que as familias sexan partícipes do proceso educativo dos seus fillos e fillas.

O goberno municipal súmase á campaña de vixilancia do transporte escolar

martes, 14 dec 2021

A Dirección Xeral de Tráfico realiza esta semana unha inspección dos autobuses que levan ao alumnado aos centros educativos e a Policía Local de Vigo participará no control do cumprimento da normativa vixente, segundo informou este martes o alcalde, tanto dos vehículos como do persoal.