Escoitar

Abel Caballero celebra a alta ocupación hoteleira de Vigo

O alcalde informou dos datos de turismo cifrando en “máis dun 80% en moitos casos” a ocupación nos hoteis da cidade e manifestou ver imaxes de Roma baleira e apenas sen luces de Nadal: “Imos ter que deixarlla fóra da competición polo mellor Nadal”, chanceou Caballero en rolda de prensa.

luns, 13 dec 2021
O alcalde na fin de semana acompañado por Carmela Silva, Javier Pardo e Ángel Rivas
O alcalde na fin de semana acompañado por Carmela Silva, Javier Pardo e Ángel Rivas

Abel Caballero amosou a súa satisfacción polos datos de ocupación hoteleira do fin de semana, “chegando a superar o 80% en moitos casos e algúns ata o 100%”. Tamén puxo de manifesto a ocupación dependente de Vigo que chegou ata concellos como Sanxenxo e O Grove.

O alcalde manifestou que “estamos a falar dun nivel de ocupación moi alto porque Vigo é o centro do Nadal en España e seguramente tamén en Europa”.

Caballero chanceou en rolda de prensa “con sacar a Roma da competición do mellor Nadal” ao ver imaxes da cidade “baleira e apenas sen luces”: “Nisto do Nadal competimos sempre son New York, Londres, París e Roma... A Roma vou sacala porque xa non está. Inclúo o Vaticano. Vigo estaba cheo”.

O rexedor avanzou que o próximo fin de semana a ocupación hoteleira será parecida á deste fin de semana.

Descargar todas as imaxes