O Concello inaugura un novo parque biosaudable
O alcalde estreou os novos equipamentos do novo parque na Vía Verde en Mestre Chané.
![O alcalde na inauguración do parque biosaudable na Vía Verde en Mestre Chané](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/RDF1pzd5KKtnV4JmlekFc8LVhuzL78ekgUY9nq1n.jpeg)
Abel Caballero inaugurou un novo parque biosaudable na Vía Verde en Mestre Chané, “o número 73 desde que son alcalde”, dixo o rexedor en rolda de prensa. O importe desta nova área de deporte para persoas adultas e maiores é de 20.805 euros.
Na nova instalación haberá oito elementos de xogo para a cadeira, remos, volantes e timóns, dous bancos a pedais, escaladora e máquinas para os exercicios de pernas e pectorais. “É un ximnasio ao aire libre”, explicou Caballero.
Este novo parque é unha das actuacións que contémplanse dentro da Vía Verde na que, ao longo de 4 quilómetros, incorporaranse áreas de descanso, zonas de xogos infantís e miradoiros. Así, proxéctase un ancho de cinco metros para peóns e bicicletas desde Urzáiz ata o límite do termo municipal.