xoves, 5 out 2017
Conxemar foi hoxe xoves o escenario no que se presentaron os resultados do "Fishing Accelerator", unha ferramenta para potenciar a produtividade da pesca a través da tecnoloxía. Antes de acudir, Caballero eloxiou unha iniciativa que redundará en melloras para as empresas dun sector tan importante en Vigo como a pesca.
mércores, 4 out 2017
O alcalde vaticinou hoxe mércores o éxito de Conxemar, logo de onte percorrera o recinto feiral no que se respiraba "unha atmosfera moi optimista". Na súa opinión, o elevado número de expositores e participantes fan presaxiar os mellor dos éxitos deste importante evento para a cidade.
martes, 3 out 2017
O alcalde participou un ano máis na inauguración da feira de Conxemar, no Ifevi, que este ano reunirá 608 expositores de 43 países diferentes. No seu discurso, felicitou aos organizadores pola capacidade do evento de xerar valor engadido para a pesca internacional.
luns, 2 out 2017
Caballero anunciou este luns o envío dunha declaración do Goberno de Vigo ao presidente da Xunta, requeríndolle que as contas autonómicas do próximo ano inclúan cuestións "reiteradamente demandadas nos últimos anos" en Vigo. A listaxe inclúe a promoción turística, o centro de saúde de Bouzas, a gratuidade do aparcamento do Cunqueiro ou o apoio ao AVE por Cerdedo.
mércores, 27 set 2017
O rexedor defendeu esta mañá na importancia de acometer cambios na configuración das cidades que faciliten a vida cotiá dos nenos e das persoas maiores. Así o expuxo durante a inauguración da I Xornada Técnica Cidadanía e Vellez en Galicia: O voluntariado e as persoas maiores que se desenvolveu na Sede de Afundación.
venres, 22 set 2017
Abel Caballero e Tim Hemmings mantiveron un encontro institucional este venres no Concello no que intercambiaron impresións sobre a actualidade dos dous países e abordaron a situación económica e as relacións comerciais entre Vigo e o Reino Unido. O Ministro Conselleiro da Embaixada Británica é o responsable da xestión global do organismo en España con atención especial aos asuntos de política, economía e comunicación.
venres, 22 set 2017
Abel Caballero achegouse esta mañá á Terminal de Cruceiros de Vigo para darlle á benvida á cidade aos participantes no congreso de FETEIA (Federación Española de Transitarios). Durante a súa intervención, destacou a transcendencia deste encontro nun mundo cada vez máis globalizado porque a súa "complexa" labor é sinónimo de "modernidade e eficiencia".
xoves, 21 set 2017
Este xoves, o alcalde, Abel Caballero, inaugurou unha nova edición de MostrArte, unha iniciativa municipal que expón a obra de distintos artistas nos espazos da Alcaldía. A bonaerense afincada en Vigo Alicia Gil presenta o seu traballo experimental, creadora de texturas únicas dando unha nova vida a retais e fíos.
xoves, 21 set 2017
O alcalde fixo súas as reclamacións das matronas da cidade que reclaman oito profesionais máis para a área sanitaria de Vigo. Así o dixo durante a inauguración das I Xornadas sobre saúde das mulleres que se desenvolverá ata mañá venres no Centro Cívico do Casco Vello.
mércores, 20 set 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este mércores na Alcaldía ao embaixador da República de Malta en España, Mark Anthony Micallef, quen lle trasladou ao rexedor vigués que a cidade olívica acollerá a sede do Consulado, actualmente en proceso de apertura.