Escoitar

Vigo inicia as obras da segunda fase das ramplas da Gran Vía en febreiro

Abel Caballero informou en rolda de prensa este martes do desenvolvemento dos traballos previos ao inicio da obra, que ten un orzamento de 4.234.000 euros, e prevé estar rematada antes de finais deste ano.

martes, 18 xan 2022

“No mes de febreiro iniciamos a obra da segunda fase das ramplas da Gran Vía, entre Venezuela e Nicaragua”, indicou o rexedor, que engadiu que nestes momento o goberno municipal está traballando cos trámites previos ao comezo da obra: o plan de control de calidade, o plan de xestión de residuos, o programa de traballo e o plan de seguridade e saúde.

O obxectivo do Concello é que a obra estea rematada antes de final de ano, polo que a cidade dispoñerá de cintas mecánicas para desprazarse pola Gran Vía entre María Berdiales e a praza de España. “Non podemos arrancar máis abaixo porque a Xunta O impide”, engadiu Caballero.

Tal e como explicou, o orzamento das ramplas da Gran Vía ascende a 4.234.000 euros para acometer unha actuación de 150 metros lineais den dúas cintas: desde Venezuela a Bolivia e de Bolivia a Nicaragua, amais do resto da acción: novas tubaxes de saneamento, abastecemento e pluviais, nova rede soterrada de servizos (iluminación, semáforos…), novos pavimentos e beirarrúas de granito, novo mobiliario urbano, nova sinalización, rede semafórica, iluminación e dotación de innovación tecnolóxica.

As ramplas contarán con pavimento descontaminante e un novo xardín botánico, tanto no interior como no exterior, terán sistema de aforro enerxético e capacidade para transportar a 7.300 persoas cada hora. Quedarán “moi preparadas para a Cidade da Xustiza”, apunta o alcalde, e terá unha cuberta porticada de perfil metálico e acabado de vidro.

O orzamento da primeira fase das ramplas, entre María Berdiales e Venezuela, foi de 5,5 millóns polo que a obra acadará practicamente os 10 millóns de euros; unha “obra colosal: todo o mundo usa as ramplas, todo o mundo está contento coas ramplas”, afirma Caballero.

 

Descargar todas as imaxes