Escoitar

Paula Montes e Alba Lago conducirán a presentación de Vigo en Fitur

As dúas xornalistas viguesas participan este xoves no acto que o Concello organiza no stand de Turespaña na feira para amosar as potencialidades turísticas da cidade co Nadal e a campaña Cíes, Patrimonio da Humanidade como “grandes bandeiras”.

martes, 18 xan 2022
Abel Caballero durante a súa comparecencia en rolda de prensa
Abel Caballero durante a súa comparecencia en rolda de prensa

A presentación de Vigo na Feira Internacional de Turismo en Madrid terá lugar este xoves, ás 16 horas no espazo de Turespaña. “Quixemos estar no máis importante stand de Fitur”, apuntou o alcalde, que explicou tamén que, “ao principio estará con nós a Ministra de Turismo, Reyes Maroto, e iremos co slogan Vigo, o mundo na cidade, tal e como reflicte o adianto do vídeo que amosou ante os xornalistas na rolda de prensa celebrada este martes.

O vídeo que se proxectará durante a presentación en Fitur é “fantástico” e amosa todo o que Vigo ofrece “con dúas grandes bandeiras Cíes, Patrimonio da Humanidade e o Nadal de Vigo”. Con todo, matizou que a mostra da “nosa capacidade turística tivémola o domingo” co apagado da iluminación, que espertou o interese e ocupou espazo “en tódalas televisións de España”.

A presentación estará conducida pola xornalista Paula Montes (Cadena SER e Televigo) e por Alba Lago, viguesa, “gran profesional” e presentadora de Informativos Telecinco, “a quen lle agradezo moito que estea con nós. É unha muller nova de dilatada carreira, que vai cooperar con nós en difundir o programa turístico da cidade de Vigo”, expuxo o alcalde.

No acto estarán presentes tamén xornalistas, operadores turísticos e profesionais do sector con limitacións de aforo por seguridade Covid.

 

Descargar todas as imaxes