Escoitar

O albergue acolleu 51 persoas no mes de decembro

O alcalde fixo balance da actividade do albergue municipal que fixo cerca de 230 intervencións externas. Tamén deu a coñecer datos do comedor social, o Equipo de Rúa, o servizo de hixiene e lavandería.

martes, 18 xan 2022

Abel Caballero deu conta dos datos do albergue municipal no mes de decembro. Alí atenderon a 51 persoas sen teito. A ocupación dos homes foi do 93% e a de mulleres do 67%. O 55% das persoas atendidas por españois e o resto estranxeiros.

O alcalde lembrou que “Vigo é a única cidade de Galicia que ten albergue municipal” e sinalou que ademais da actividade interna, houbo outras 230 accións como a derivación a hostais – pagados polo Concello –, derivación aos servizos sociais, elaboración de informes, seguimento das persoas, mobilización á vacinación... entre outras.

Caballero cifrou a ocupación do comedor social nun 80% no mes de decembro: “Servimos 1.525 menús, tanto á xente do albergue como menús externos ás persoas que o precisan e moitas delas lévano para casa. O comedor é un servizo que utiliza moita xente”, precisou o alcalde.

Ademais dixo valorou o traballo do Equipo de Rúa que realizou 300 intervencións: “Visitan aqueles que non queren durmir no albergue, pero estamos pendentes deles”, asegurou o rexedor. Tamén houbo 260 servizos hixiénicos para persoas que o precisen e fixéronse 673 servizos de lavandería.

Descargar todas as imaxes