As cidades, preparadas para actuar na acollida de refuxiados ucraínos

mércores, 2 mar 2022

Tan pronto a Comisión Europea e o Goberno de España tomen as súas decisións sobre a acollida, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) actuará desde os concellos para ofrecer “acollida, solidariedade, atención e afecto ao pobo ucraíno”, dixo Abel Caballero este mércores, quen subliñou que a Federación está en contacto permanente cos ministerios de Exteriores e de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Sting actuará en Castrelos o sábado 6 de agosto

martes, 22 feb 2022

Abel Caballero confirmou en rolda de prensa o que o artista retoma a súa xira e estará no escenario de Castrelos o sábado 6 de agosto e será de balde. O ex de Police aprazouse por mor da pandemia e agora confirma o seu concerto en Vigo, que segundo as verbas do alcalde “será un dos máis grandes concertos de Europa”. Sting traerá o seu espectáculo “Sting by Songs”.

Abel Caballero transmite aos empresarios a importancia da construción da autovía en túnel entre Vigo e O Porriño

luns, 21 feb 2022

Nun almorzo informativo no Círculo de Empresarios de Galicia, o alcalde pediu a unidade da cidade para defender as infraestruturas “fundamentais e imprescindíbeis” como a autovía en túnel entre Vigo e O Porriño, a liña de alta velocidade Vigo – Ourense por Cerdedo, a saída sur ferroviaria en alta velocidade e o apoio ao Aeroporto de Vigo. Caballero di “non pedir máis, só o mesmo que teñen o resto de cidades de Galicia e as grandes cidades de España”. Lamentou así a posición da Xunta de Galicia e o presidente Núñez Feijóo na súa negativa de ampliar a A-52 en túnel ata Vigo. No acto, Abel Caballero recibiu unha placa do Círculo de Empresarios co seu nomeamento como Socio de Honor “polo impulso a nosa institución durante o seu mandato como alcalde de Vigo”. Manifestando deste xeito “o seu recoñecemento e afecto”.

Abel Caballero agradece a “sensibilidade” de España e Canadá, que retomará a procura dos desaparecidos do Villa de Pitanxo

venres, 18 feb 2022

O alcalde solicitouno este xoves ao ministro de Pesca e ao titular de Exteriores, quen hoxe venres confirmou que Canadá continuará coa procura dos mariñeiros tan pronto as condicións meteorolóxicas o permitan. “Quero agradecer a sensibilidade do Goberno de España e quero agradecer a Canadá a decisión”, manifestou: “As familias dos desaparecidos merecen que se siga a procura”.