Escoitar

África González e Martín de la Puente, Vigueses Distinguidos 2023

A catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e o tenista paralímpico recibirán o recoñecemento da cidade na gala que terá lugar o vindeiro xoves, 23 de marzo no Teatro Afundación

luns, 13 mar 2023
Momento da Gala de Vigueses Distinguidos do ano 2022
Momento da Gala de Vigueses Distinguidos do ano 2022

O rexedor avanzou este luns dous dos nomes das persoas que galardoadas este ano na Gala de Viguesas e Vigueses Distinguidos, un evento que se celebra o xoves, 23 de marzo.

O alcalde destacou que África González é unha “científica de primeiro nivel mundial no relativo á inmunoloxía”: médica inmunóloga, catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo, académica da Real Academia de Farmacia de Galicia; foi directora do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) e presidiu a Sociedade Española de Inmunoloxía e “queremos recoñecela como Viguesa Distinguida”.

Sobre Martín da Puente, deportista paralímpico de Vigo, xogador de tenis en cadeira de rodas dixo Caballero que é “un exemplo de superación persoal, de deportista, de carácter e forza”. Con 17 anos xa posuía tres títulos nacionais, fora tres veces campión do mundo e formaba parte do equipo español absoluto. En 2016 acudiu aos Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro, nos xogos de Tokio conseguiu un novo Diploma, certificando a súa entrada na elite mundial do tenis en cadeira de rodas e, no 2022, conseguiu ser o número 1 da clasificación mundial de tenis en cadeira de rodas na categoría dobres.

Descargar todas as imaxes