Escoitar

No mes de febreiro 251 persoas maiores foron atendidas polo servizo de Coidadores de Barrio

O persoal do servizo de Coidadores de Barrio atendeu a 211 mulleres e 40 homes durante o pasado mes. O alcalde destacou que “prestáronse 1.120 servizos de acompañamento”.

luns, 13 mar 2023

O alcalde deu conta esta mañá do balance do programa de Coidadores de Barrio de febreiro, no que os corenta traballadores do servizo atenderon a 251 persoas, 211 mulleres e 40 homes.

Atendendo a ás características socio demográficas, todos os usuarios teñen máis de 60 anos e un 70% teñen recoñecido un grado de discapacidade. Realizáronse 1.120 servizos de acompañamento.

Trátase dun servizo en todo Vigo, tamén nas parroquia. Caballero sinalou que se trata dun servizo para “persoas de avanzada idade, con limitacións de mobilidade, discapacidades e en moitas ocasións con carencia dunha rede familiar de apoio”.

Descargar todas as imaxes