O alcalde entrega a máxima distinción da cidade a Eugenio González de Haz por “una vida dedicada a Vigo”
Abel Caballero destacou a traxectoria profesional e o compromiso coa cidade de Eugenio González de Haz e Vizcaíno na entrega da máxima distinción. O presidente de Radio Vigo agradeceu o recoñecemento tras traballar toda a vida “con lealdade e amor” á cidade.
O Teatro Afundación encheuse onte para asistir ao acto de entrega da distinción honorífica Cidade de Vigo a Eugenio González de Haz e Vizcaíno, presidente de Radio Vigo. O alcalde, na súa intervención, agradeceu ao homenaxeado “unha vida dedicada a Vigo”, unha traxectoria profesional caracterizada por unha “perenne” defensa da cidade. Abel Caballero, logo de repasar algúns dos momentos máis importantes da emisora, resaltou a importancia da “relación máxica” entre González de Haz, os redactores e os cidadáns que “sempre quixeron ser escoitados”. Deu voz, dixo, á demanda irrenunciable de que Vigo mantivese o xulgado do Mercantil ou o tren de alta velocidade. Referiuse á distinción para González de Haz como “merecida, axeitada e que responde a unha visión unánime da cidade”.