martes, 14 mar 2023
O alcalde avanzou esta mañá outros dous nomes que este ano recibirán esta distinción. Serán o Racing de Castrelos Club de fútbol e o Valladares Club de fútbol, que este ano celebran o seu centenario.
martes, 14 mar 2023
O obxectivo municipal é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral con actividades infantís e xuvenís gratuítas para as familias viguesas. O prazo de inscrición comeza este mércores 15 de marzo na web www.xuventudevigo.org.
martes, 14 mar 2023
O alcalde saudou esta mañá aos asistentes á VII Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais que hoxe pecha as súas portas no Auditorio Mar de Vigo. Caballero tivo a oportunidade visitar todos os stands informativos polos que tamén pasaron máis de tres mil estudantes interesados en alternativas educativas para buscar o seu futuro profesional.
martes, 14 mar 2023
O Concello colabora co Club Peña Trevinca e a Universidade de Vigo na organización do II Ciclo de Montaña Medio Ambiente e cambio climático Cidade de Vigo, que se celebra do 21 ao 23 de marzo no Auditorio municipal.
martes, 14 mar 2023
Vigo súmase á conmemoración desta xornada, tinguindo de amarelo as fontes da rúa Aragón esta noite de martes, 14 de marzo. A petición realizouna a Asociación QuerENDO, mulleres con endometriose, tal e como avanzou o rexedor. O obxectivo é dar visibilidade a esta doenza xinecolóxica crónica que afecta a unha de cada dez mulleres.
martes, 14 mar 2023
O alcalde mantivo esta mañá un encontro con José Luís Blanco, novo director rexional de El Corte Inglés en Galicia e Asturias. Na reunión tamén estiveron presentes o responsable do centro de Vigo, Ignacio Granado e a directora de Comunicación, Fuencisla Cid.