xoves, 13 out 2022
Abel Caballero participou nos actos organizados con motivo del 12 de outubro en Madrid. Acudiu ao desfile e a continuación á recepción no Pazo Real organizado pola Casa Real. Caballero saudou a súa Maxestade, Felipe VI.
xoves, 13 out 2022
Abel Caballero, xunto ao presidente do Senado, Ander Gil, e ao ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, entregaron recoñecementos a representantes de oito corpos policiais, forzas armadas e do ministerio de Sanidade.
martes, 11 out 2022
O acto celébrase no Senado o vindeiro xoves, 13 de outubro, a partir das 12.00 horas. Mañá mércores, Abel Caballero estará na celebración dos actos do 12-O na recepción do Pazo Real.
luns, 10 out 2022
O alcalde de Vigo anunciou esta mañá que o alumeado de Nadal lucirá en Vigo desde o 19 de novembro. En rolda de prensa explicou que a decoración deste ano terá máis beleza e atraccións que nunca, ademais dun aforro enerxético superior ao 14%.
luns, 10 out 2022
A cidade conta con 299.789 habitantes, sumando 2.179 habitantes no que vai de ano. O Concello aprobou na última Xunta de Goberno Local subvencións a 40 entidades por valor de 415.798,73€.
venres, 7 out 2022
O alcalde mantivo unha xuntanza coa secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, que estará en Vigo a próxima semana para anunciar e explicar os avances na liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo e a saída sur ferroviaria cara a Portugal.
xoves, 6 out 2022
Esta mañá Abel Caballero visitou Conxemar xunto o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.
mércores, 5 out 2022
A celebración do Día da Policía en Vigo celebrouse este mércores na sede de Afundación coa participación, entre outras autoridades, de Abel Caballero que no seu discurso eloxiou o labor do Corpo na cidade e a súa profesionalidade recoñecendo o papel fundamental que desenvolven para seguir facendo de Vigo unha cidade segura. No transcurso do acto entregáronse as condecoracións a varios axentes polo seu labor destacado.
mércores, 5 out 2022
O alcalde explicou que o prazo de inscrición na actividade abre o vindeiro luns, 10 de outubro, de xeito telemático e presencial. Desde o 12 de outubro e ata o 9 de novembro haberá vinte xornadas dispoñibles, con tres quendas cada unha, para achegarse á historia de Vigo a través do camposanto municipal.
martes, 4 out 2022
O alcalde recibiu na Alcaldía ao embaixador de Chile, Javier Velasco, que visitou a cidade con motivo da feira de Conxemar para amosar o seu apoio ao stand do país andino. Os dirixentes achegaron posturas para coñecer máis sobre a cultura tanto da zona de Vigo como de Chile, con disposición de colaborar e estreitar lazos. Velasco transmitiulle a Abel Caballero a súa admiración pola súa traxectoria profesional e política.