martes, 15 nov 2022
“Dentro de catro días comeza o Nadal no planeta”, sinalou o alcalde, e ante a previsión de choiva, o Concello estima que o acto de posta en marcha da iluminación será ás 7 da tarde se as previsións climatolóxicas non cambian.
luns, 14 nov 2022
Abel Caballero visitou este luns na Escola de Enxeñería Industrial o showromm Industria 4.0 no que coñeceu algúns dos proxectos que desenvolve o alumnado nas áreas de mecánica ou robótica. Esta feira, que serve para establecer contactos entre a universidade e a empresa está a desenvolverse como parte da programación das VIII Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI 2022) que comezaron hoxe na Universidade de Vigo.
luns, 14 nov 2022
Este evento celebrarase o xoves 17 de novembro dende as 19:30 ata as 22:30 na Sede de Afundación.
venres, 11 nov 2022
O Concello organiza este sábado 12 de novembro a cuarta edición do certame artístico no marco do programa municipal de murais que busca achegar a cultura urbana á cidadanía.
venres, 11 nov 2022
Eugenio González de Haz y Vizcaíno recibirá o máximo galardón que o Concello pode outorgar a cidadáns ou institucións que destacan pola súa especial contribución ao prestixio da cidade. Ese é o caso do presidente do Grupo Radio Vigo, merecedor da Distinción de Honra “Cidade de Vigo”.
venres, 11 nov 2022
Abel Caballero, subliñou o “apoio categórico” da Federación de Municipios e Provincias a estas oficinas que sitúan no ámbito da xustiza o “primeiro paso” para a actualización dos gobernos locais ao primeiro cuarto do Século XXI. As novas oficinas permitirán aos cidadáns obter certificados diversos ou declarar ante os tribunais desde o seu propio municipio, co asesoramento de funcionarios das mesmas.
xoves, 10 nov 2022
O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 6º curso de Educación Primaria que participan no programa "Visita o teu Concello" a través do cal se achegan ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polas tarefas que desenvolve no seu día a día, así como por algúns dos proxectos municipais. Ademais, os rapaces e rapazas achegáronlle o rexedor un listado de propostas para mellorar a cidade.
martes, 8 nov 2022
O alcalde participou nos almorzos de Nova Economía Fórum en Madrid, onde situou a Vigo como referencia turística, que prevé 750 millóns de euros de retorno no Nadal, un modelo urbano co programa Vigo Vertical e a vivenda como eixo central do novo PXOM e a cidade onde a mocidade ten a oportunidade de estudar no estranxeiro para aprender inglés.
martes, 8 nov 2022
“Necesitamos todas as nosas competencias, sen intromisións nin intermediarios. E, por iso, necesitamos respecto institucional”.
luns, 7 nov 2022
O alcalde, que participou no Cumio Hispano-Portugués celebrado en Viana do Castelo, cualifica de “gran éxito” os avances na futura liña de alta velocidade Vigo-Porto e apunta aos “feitos concretos” co Ministerio de Transportes, que anunciou a “inmediata licitación do estudo informativo da saída sur ferroviaria de Vigo”.