mércores, 24 feb 2016
O rexedor vigués mantivo este mércores unha rolda de contactos cos alcaldes e alcaldesas que manifestaron a súa vontade de incorporarse ao ente supramunicipal para comunicarlles o acordo adoptado este luns e amosou a súa satisfacción polo modelo acadado que define como "conveniente e bo para levar adiante moitos territorios".
luns, 8 feb 2016
O alcalde de Vigo proporá aos seus homólogos da área manter unha reunión o próximo xoves 11 para trasladarlles a súa proposta para incluír o transporte metropolitano dentro da reforma de Lei de área sobre a que se está a traballar. Confía en que os alcaldes acepten a redacción do artigo que, unha vez consensuado, será remitido á Xunta de Galicia para manter outro encontro
xoves, 4 feb 2016
Ao día seguinte da reunión entre alcaldes e representantes da Xunta, Caballero coida que o proxecto de lei de área metropolitana está "moi maduro e listo para a súa aprobación definitiva. A partir de ese momento, todos os rexedores da área falaremos do transporte metropolitano "no que Vigo entrará a fondo".
martes, 2 feb 2016
O rexedor de Vigo acudirá mañá á reunión da área metropolitana co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, coa confianza de que a Xunta acepte os cambios á lei pactados por unanimidade entre os alcaldes. Respecto do transporte metropolitano, asegurou que o ente supramunicipal comezará a traballar tan pronto se aprobe a modificación de lei, avanzando que Vigo "estará de cheo nese proxecto".
luns, 1 feb 2016
Á reunión celebrada este luns en Vigo acudiron 16 rexedoras e rexedores que manifestaron o seu acordo co sistema de goberno do ente con representación proporcional corrixida e voto cualificado de catro concellos de 14, co sistema de financiamento e coa asunción de competencias gradual e voluntaria. Tamén concordan no feito de que a Área asuma o transporte interurbano e desenvolva un plan de transporte propio coordinado co urbano de Vigo.
venres, 29 xan 2016
Quince alcaldes e alcaldesas da área viguesa manterán o próximo luns unha reunión para "proceder á fase final do acordo", en verbas do alcalde de Vigo, quen trasladará unha proposta sobre transporte que "resolverá o problema" existente. Caballero reiterou que calquera outro rexedor/a dos 28 municipios do territorio que queira asistir á reunión do luns "é benvido".
mércores, 20 xan 2016
O rexedor vigués valorou este mércores a reunión celebrada na tarde de onte entre o vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, e os 14 alcaldes da Área Metropolitana de Vigo, cita na que Caballero constata un "moi bo clima" de acordo e vontade de salvar diferenzas, chegándose a consensos no modelo de goberno e nas competencias, entre outros.
xoves, 14 xan 2016
Xunto co documento remitido este xoves coa proposta para a reforma da Lei de Área Metropolitana, o alcalde de Vigo tamén lle solicita ao presidente Feijóo que convide á reunión convocada para o día 19 aos rexedores e rexedoras que queren formar parte do ente supramunicipal e que non figuran na Lei de 14 municipios para que se escoite a súa opinión.
mércores, 13 xan 2016
Tras a reunión celebrada este mércores, Abel Caballero destacou a coincidencia dos rexedores e rexedoras de 15 concellos que representan o 86% da poboación da área no modelo do ente supramunicipal, na modificación do proxecto de Lei defendido por Vigo, na urxencia de constituír a Área Metropolitana e na súa ampliación a 21 municipios.
luns, 4 xan 2016
O rexedor de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, manifestou a vontade do seu concello por integrarse no ente supramunicipal e o seu acordo co borrador de Área Metropolitana defendido por Vigo. O alcalde vigués destacou que xa son 15 os concellos que concordan co texto e anunciou un encontro de todos eles a próxima semana para escenificar esa postura común coa Área Metropolitana.