luns, 9 xan 2017
Abel Caballero mantivo este luns unha reunión coa Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) na que "coincidiron" nas súas posicións sobre a posta en marcha da Área e do transporte metropolitano. O rexedor amosou a súa vontade de estudar a petición que lle trasladaron os empresarios de que unha liña de bus urbano se achegue ata a zona empresarial mosense próxima a Peinador, pero "lamentou" non ter interlocutor na Área porque a alcaldesa Nidia Arévalo "abandonou" o ente. <br />
martes, 3 xan 2017
O ente supramunicipal "seguirá gobernando e defendendo os intereses cidadás", segundo o rexedor, coa reunión do seu goberno o vindeiro martes ou mércores. O Concello vén de recibir a resolución na que a Xunta rexeita a inscrición da Área no Rexistro de Entidades Locais, un informe que "xuridicamente non se sostén".
luns, 2 xan 2017
Abel Caballero referiuse á resolución da Xunta publicada nos medios dado que o Concello "non foi notificado" e reiterou que o ente supramunicipal foi constituído legalmente e o seu presidente foi "legalmente e democraticamente elixido". <br />
venres, 30 dec 2016
Abel Caballero reiterou este venres a "importancia" de ter constituido onte o goberno da Área Metropolitana de Vigo, asegurou que o seu funcionamento "está garantido" e que atenderá as necesidades dos cidadáns. O alcalde citou o transporte ao hospital o aeroporto: "estas serán algunhas das cuestións que tratará o goberno da Área Metropolitana"
xoves, 29 dec 2016
A Xunta de Goberno da Área Metropolitana de Vigo reuniuse este xoves por primeira vez, "un fito de trascendencia innegable", segundo o alcalde vigués e presidente da Área, quen informou das primeiras decisións adoptadas: a elaboración dun plan de traballo plurianual, a elección das vicepresidencias e a tramitación da adhesión dos municipios que o teñen solicitado.
mércores, 28 dec 2016
Mañá xoves, ás 11 horas, reunirase por primeira vez a Xunta de Goberno Metropolitana, no edificio municipal de Areal. Na orde do día, explicou Abel Caballero este mércores, dar conta dos concellos que solicitaron a súa adhesión e a elaboración do Plan Metropolitano Cuadrienal. "A Área Metropolitana de Vigo vai empezar a tomar decisións en favor dos cidadáns", saudou o alcalde vigués.
venres, 23 dec 2016
Abel Caballero explicou que o órgano de goberno da Área comezará a traballar a vindeira semana abordando cuestións como a entrada no ente de outros municipios ou a elaboración do Plan Cuadrienal que recollerá as accións dos próximos anos. <br />
venres, 2 dec 2016
A Área Metropolitana de Vigo xa deu os seus primeiros pasos administrativos, requisitos formais previos a convocatoria da Xunta de Goberno, segundo explicou hoxe venres o acabado de nomear presidente. Caballero felicitou á cidadanía pola posta en marcha do ente supramunicipal ao tempo que reivindicou a súa autonomía, equiparándoo a os municipios ou deputacións.
xoves, 1 dec 2016
A primeira sesión do ente supramunicipal proclamou presidente ao alcalde de Vigo por maioría absoluta cos votos favorables de 28 concelleiros e concelleiras metropolitanos, o voto encontra de AER e coa ausencia dos representantes do Partido Popular que abandonaron a sala. No seu discurso, Caballero destacou a importancia do acto e a vontade da Área de "mellorar a vida da súa cidadanía".
mércores, 30 nov 2016
O rexedor asegura que mañá xoves será un "día moi importante" para a cidade porque "nos construímos como territorio metropolitano". Todos os conselleiros metropolitanos están convocados mañá ás 11,00 horas na Casa das Artes.