Escoitar

A Asociación de Empresarios de Mos coincide co alcalde na necesidade da posta en marcha da Area Metropolitana

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión coa Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) na que "coincidiron" nas súas posicións sobre a posta en marcha da Área e do transporte metropolitano. O rexedor amosou a súa vontade de estudar a petición que lle trasladaron os empresarios de que unha liña de bus urbano se achegue ata a zona empresarial mosense próxima a Peinador, pero "lamentou" non ter interlocutor na Área porque a alcaldesa Nidia Arévalo "abandonou" o ente. <br />

luns, 9 xan 2017
1483970702empresariosmos.jpg
Caballero explicou que os empresarios de Mos cos que hoxe mantivo un encontro "comparten" con nós a importancia que a Área Metropolitana ten para Mos e para o resto do territorio. Segundo dixo, os empresarios entenderon e apoiaron a interpretación do Concello de Vigo respecto do transporte metropolitano da Xunta e avogaron por poñelo en marcha, sen prexuízo de que se unha das partes non está de acordo poida recorrer ao Tribunal Contencioso-Administrativo, segundo indica o convenio asinado entre Concello e Xunta.

Engadiu a súa vontade de estudar a petición de Aemos de que unha liña do bus urbano puidera estenderse ata a zona industrial mosense próxima e Peinador, pero advertiu de que non ten interlocutor na Área para dialogar sobre esta cuestión porque a alcaldesa de Mos "abandonou" o ente. Polo mesmo motivo, reiterou, tampouco se poderán tratar outros temas, dixo, como petición da mellora de abastecemento dunha residencia desta mesma localidade.

Caballero destacou que desde Aemos non entenden o abandono da alcaldesa da Área Metropolitana, o lugar de encontro para dialogar e buscar solucións a todas estas cuestións. Cualificou de "sensata" e "razoable" a posición destes empresarios e avanzou que seguirá falando con eles para facilitarlles aos traballadores desa zona e mellor atención posible.
Descargar todas as imaxes