Escoitar

O goberno de Vigo aproba a mellora da estación de bombeo de augas residuais de Teis

A Xunta de Goberno Local deste xoves, segundo informou Caballero, aprobou o proxecto das obras de ampliación e mellora da Estación de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) de Teis, cun orzamento superior aos 100.000 euros.

xoves, 5 xan 2017
O alcalde, Abel Caballero, informou este xoves da aprobación do proxecto para a execución de obras de ampliación e mellora da Estación de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) de Teis, traballos que contan cun orzamento superior aos 100.000 euros.

Por outra parte, Caballero recordou que a construción da depuradora do Lagares continúa o seu curso, cun investimento de 12 millóns de euros por parte do Concello, por encima dos cen millóns de euros do Goberno de España con cargo a fondos europeos e unha achega da Xunta de Galicia que "vai recuperar a través do canon de saneamento", que o alcalde cifrou en cinco millóns de euros anuais.