Escoitar

Caballero refrenda as "enormes posibilidades" do aeroporto tras crecer un 36% no 2016

Os últimos datos dispoñibles de viaxeiros -de xaneiro a novembro- revelan que o aeroporto de Vigo é o que máis crece no 2016 das principais terminais de España, dato "certamente alentador" que advirte das "enormes posibilidades" de Peinador. Para 2017, Vigo suma conexións directas con Edimburgo e Milán, xa a venda na web de Ryanair.

mércores, 4 xan 2017
Ryanair xa ten á venda os billetes dos novos destinos internacionais do aeroporto de Vigo para este ano. A compañía irlandesa operou no 2016 as conexións con Dublín e Boloña e este ano engade voos a Edimburgo e Milán, que comezan a operar desde o 26 de marzo. Con dúas frecuencias semanais, as rutas a Dublín e Milán arrancan desde Vigo o 26 de marzo, mentres que o 27 de marzo comeza Boloña e o 29, Edimburgo.

Abel Caballero recordou que o crecemento do aeroporto vigués no 2016 -de xaneiro a novembro, os últimos datos dispoñibles- é o maior das principais terminais españolas, con case un 36% de incremento de viaxeiros sobre o ano anterior. Este dato é "certamente alentador" e revela as "enormes posibilidades" de Peinador.

O rexedor avanzou tamén que non descarta "en absoluto" recuperar a conexión Vigo-París que operaba Air France. A propia aeroliña traslada o seu interese en retomar o voo, co que Caballero se amosa "optimista". "Continuaremos abrindo destinos", concluíu.