A Xunta de Goberno da Área Metropolitana constitúese o 29 de decembro
Abel Caballero explicou que o órgano de goberno da Área comezará a traballar a vindeira semana abordando cuestións como a entrada no ente de outros municipios ou a elaboración do Plan Cuadrienal que recollerá as accións dos próximos anos. <br />
O Presidente da Área Metropolitana e alcalde de Vigo vén de enviarlle a convocatoria de constitución da Xunta de Goberno Metropolitana aos 14 alcaldes e alcaldesas, nunha sesión que se celebra o vindeiro xoves, 29 de decembro, ás 11:00 horas da mañá no Edificio Municipal do Areal. Cúmprese así o prazo de constitución máxima dun mes logo da posta en funcionamento do ente supramunicipal.
Caballero expuxo algúns dos puntos da orde do día desta primeira Xunta de Goberno Metropolitana como a elaboración do Proxecto do Plan Metropolitano Cuadrienal que establece a lei e no que se "sintetizará todo o que a Área vai facer nos próximos tres anos". Tamén se inclúe a dación de conta do envío de documentación para a inscrición da Área no Rexistro de Entidades Locais de Galicia, o inicio da disolución da Mancomunidade, tal e como obriga a Lei ou a información dos escritos de constitución dos grupos políticos metropolitanos e os seus candidatos a voceiro e voceiro suplente.
Ademais, o órgano de goberno da Área Metropolitana dará conta dos municipios que solicitaron o seu ingreso no ente, informará sobre a conveniencia da solicitude á Xunta e á Deputación de Pontevedra da designación de membros do Comité de Cooperación da Área , debaterá sobre a periodicidade das sesións ordinarias da propia Xunta de Goberno e coñecerá as propostas dos grupos políticos metropolitanos para o nomeamento de Vicepresidencias da Área Metropolitana. Segundo explicou o alcalde de Vigo debe haber catro a proposta dos grupos con igualdade de xénero, diversidade ideolóxica e territorial.