Caballero anima á cidadanía a gozar de Vigolandia, do 26 ao 30 de decembro no IFEVI
O alcalde participou na presentación este venres da décimo cuarta edición de Vigolandia, "un evento tan coñecido na cidade que case non necesita presentación", apuntou, que se celebra do 26 ao 30 de decembro no IFEVI. A iniciativa familiar ten carácter benéfico, cun punto de recollida de alimentos e xoguetes.
A décimo cuarta edición de Vigolandia comeza o 26 de decembro no IFEVI, de 16 a 20 horas, e continúa do 27 ao 30 de decembro desde as 12 ás 20 horas.
Este evento, como cada ano, mantén o seu carácter benéfico e terá un punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros. Cun prezo de entrada de catro euros, Vigolandia ofrece para os máis pequenos inchables, maquillaxe, manualidades, a ponte tibetana, atraccións, deportes e unha tirolina, entre outras actividades.
Caballero, durante o acto de presentación, explicou que Vigolandia inclúe un Concurso de Pintura no que participan 33 centros educativos da cidade, baixo a proposta de tema "As Cores do Nadal". Por último, o rexedor vigués enumerou ás entidades patrocinadoras da cita e agradeceulles a súa participación desinteresada.
Descargar todas as imaxes